O voo 804 de EgyptAir foi un voo regular de pasaeiros entre o Aeroporto de París-Charles de Gaulle e o Aeroporto Internacional do Cairo, operado por EgyptAir, que se estrelou no mar Mediterráneo o 19 de maio de 2016 ás 02:33 (UTC+2).

O control de tráfico aéreo non recibiu ningunha chamada de emerxencia, aínda transmitíronse sinais de terse detectado fume nun dos baños do avión e na baía dee aviónica a través do sistema ACARS pouco antes de que o avión desaparecese do radar. A causa do desastre aínda está sendo investigada.

Había 66 persoas a bordo: 56 pasaxeiros, 7 tripulantes e 3 gardas de seguridade. Non se atoparon superviventes. Atopáronse restos do aparello no mar a uns 290 km ao norte de Alexandria. Case catro semanas despois do accidente identificáronse varias seccións principais da fuselaxe no fondo marino, e ámbalas dúas caixas negras foron recuperadas nunca operación de busca e recuperación multinacional. O 29 de xuño funcionarios exipcios anunciaron que a gravadora de datos de voo indicaba fume no avión, e que se atoparon danos por altas temperaturas nalgúns dos restos da parte dianteira do aparello.

Cara novembro de 2016 non se deran máis explicacións sobre as razóns que puideran levar ao accidente, un feito criticado polo ministro francés de asuntos exteriores Jean-Marc Ayrault en agosto de 2016. No mes de decembro funcionarios exipcios dixeron que foran atopados restos de explosivos nos corpos.

Notas

EgyptAir EgyptAir Categoría:Accidentes e incidentes de EgyptAir