Eulàlia Reguant i Cura, nada en Barcelona en 1979, é unha matemática e activista catalá, actual membro do Parlamento de Cataluña coa CUP pola circunscrición de Barcelona.
Traxectoria Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Barcelona, traballou en Setem, na Asociación Xustiza e Paz e en Lafede.cat (Federación de Organizacións para a Xustiza Global). É unha experta en finanzas éticas e membro da Asociación FIARE Catalunya e o Ateneu Layret, no distrito de Sant Antoni.
Nas eleccións municipais de 2015, ocupou o posto número 4 da Candidatura de Unidade Popular - Capgirem Barcelona e estivo a piques de ser elixida conselleira xa que a súa lista tivo tres representantes no Consello da cidade.
Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña 2015, foi candidata da Candidatura de Unidade Popular - Crida Constituent, despois de ser elixida en primarias e converteuse en membro do Parlamento.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Políticos da CUP Categoría:Independentistas cataláns