A carpa Ctenopharyngodon idella é unha especie de peixe ciprínido (o grupo das carpas) e a única especie do xénero Ctenopharyngodon. É a especie que se produce en maior cantidade en acuicultura no mundo (uns seis millóns de toneladas ao ano en 2016, o que supón preto dun 11% do total da produción acuícola). É un gran peixe de auga doce herbívoro nativo do leste de Asia, cunha área de distribución nativa que vai desde o norte de Vietnam ao río Amur na fronteira chinesa-siberiana.Mandrak and Cudmore. 2004. Biological Synopsis of Grass Carp (Ctenopharyngodon idella) .

Críase na China como alimento, pero foi introducida en Europa e os Estados Unidos para o control da vexetación acuática. É un peixe propio de ríos grandes de augas avoltas e está asociado a lagos de chairas de inundación, cun amplo grao de tolerancia de temperaturas. Entra en condición reprodutiva e desova a temperaturas entre 20 e 30 °C.Shireman, J.V. and C.R. Smith. 1983. Synopsis of biological data on the grass carp, Ctenopharyngodon idella (Cuvier and Valenciennes, 1844). Food and Aquaculture Organization Synopsis. 135: 86pp.

Aspecto e anatomía

É unha carpa alongada, repoluda, con forma de torpedo. A boca é terminal e lixeiramene oblicua con beizos firmes e non carnosos e sen barbas.Grass carp in fishbase.org. A liña lateral completa contén de 40 a 42 escamas. Os dentes farínxeos anchos e con cristas están dispostos segundo a fórmula 2, 4-4, 2. A aleta dorsal ten de 8 a 10 raios brandos e a aleta anal está situada máis próxima á cola que na maioría dos ciprínidos. A cor corporal é oliva escura, variando gradualemnte a amarelo acastañado nos laterais, cunha bariga branca e grande, e escamas lixeiramente delineadas.

Medra moi rapidamente. Os peixes novos almacenados en primavera de 20 cm chegan a ter 45 cm en outono. A lonxitude media é de entre 60 e 100 cm. A lonxitude máxima é de 1,4 m e o peso raramente pasa de 40 kg, aínda que se contabilizaron pesos máximos duns 44 kg. Segundo un estudo, viven unha media de 9 anos, e o máis vello viviu 11 anos (aínda que en Silver Lake, Washington hai unha poboación próspera de 15 anos de idade.Kirk and Socha. Longevity and Persistence of Triploid Grass Carp Stocked into the Santee Cooper Reservoirs of South Carolina . J. Aquat. Plant Manage. 41:2003.) Comen ata tres veces o seu propio peso corporal diariamente.

Ecoloxía

Esta especie vive en lagos, lagoas, pozas, e remansos de grandes ríos, e prefiren corpos de auga grandes, de fluxo lento ou encorados con vexetación. Na natureza, desovan en ríos de augas rápidas e os seus ovos, que son lixeiramente máis pesados que a auga, desenvólvense mentres van á deriva augas abaixo, mantidos en suspensión pola turbulencia das augas. Crese que os ovos morren se van ao fondo.Krykhtin, M.L., and E.I. Gorbach. 1981. Reproductive ecology of the grass carp, Ctenopharyngodon idella, and the silver carp, Hypophthalmichthys molitrix, in the Amur Basin. Journal of Ichthyology 21(2):109-123.

Os adultos das especies aliméntanse principalmente de plantas acuáticas. Comen plantas acuáticas altas e vexetación terrestre mergullada, pero tamén poden comer detritos, insectos e outros invertebrados.

Especie introducida Esta carpa foi introducida en moitos países, como Taiwán, Israel, Xapón, Filipinas, Estados Unidos (onde xa se atopa en 45 dos 50 estados, e xa se reproduce nos Grandes Lagos), México, India, Malaisia, os Países Baixos, Suíza, Chequia, Eslovaquia, países da antiga Iugoslavia, Dinamarca, Suecia, Romanía, occidente de Rusia, Polonia, Italia, Alemaña, Francia, o Reino Unido, a Arxentina, Venezuela, Fidxi, Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Só conseguiu desovar e establecer poboacións autorreprodutoras en seis dos grandes ríos do hemisferio norte. O seu fracaso á hora de establecer poboacións noutros ríos suxire que ten necesidades para a reprodución moi específicas.Rowe, D. K., & Schipper, C. M. (1985). An assessment of the impact of grass carp (Ctenopharyngodon idella) in New Zealand waters. Rotorua N.Z.: Fisheries Research Division, Ministry of Agriculture and Fisheries.

A especie necesita ríos grandes para a supervivencia dos ovos e das crías máis novas.

Uso como control de vexetación acuática A especie foi introducida nalgúns países, como Nova Zelandia (en 1966) para o control da vexetación acuática, e nese país foi estudado o seu potencial valor e impacto.Grass carp in niwa.co.nz. Cada introdución nese país necesita a autorización gobernamental."Grass carp for weed control", DOC Nos Países Baixos tamén se introduciu esta especie co mesmo fin en 1973, baixo o control do Ministerio de Agricultura, Natureza e Calidade dos Alimentos.

En ambos os países, o control da especie é doada porque é improbable que se reproduza naturalmente nas condicións reinantes debido ás súas necesidades tan específicas para a reprodución, pero noutros sitios o control faise utilizando peixes estériles triploides."Triploid Grass Carp Information" , texas.gov

Pesca miniatura|Exemplar capturado con liña usando como isco pan branco.

Os exemplares grandes son grandes loitadores na pesca con cana, pero debido aos seus hábitos vexetarianos e á súa cautela son difíciles de capturar.Catching Grass Carp . Missouri Department of Conservation. Os iscos de millo aumentan o éxito. Comen grans de millo enlatado, tomates cherry, e, malia seren primordialmente herbívoros, ás veces comen animais. Os iscos de pan en anzó flotando sobre a superficie funcionan ben, especialmente en lagoas e pozas. O récord mundial da IGFA de carpa capturada con liña e anzó é de 39,75 kg, pescada en Bulgaria en 2009."Grass carp" , IGFA Online. Retrieved 22 June 2016.

Prepárase para comelo ao vapor, fritido, cocido ou asado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Información xeral e recursos de Ctenopharyngodon idella , National Invasive Species Information Center, United States National Agricultural Library.

Categoría:Cipriniformes Categoría:Animais descritos en 1844