O voo 261 de Thai Airways International (TG261/THA261) era un voo de pasaxeiros regular dende o Aeroporto Internacional Don Mueang en Bangkok ata o Aeroporto de Surat Thani en Surat Thani, Tailandia. O voo estaba operado por Thai Airways International, a aeroliña nacional de Tailandia. O 11 de decembro de 1998 o avión, un Airbus A310-204 con rexistro HS-TIA, entrou en perda e estrelouse nun arrozal ao intentar aterrar no Aeroporto de Surat Thani. Morreron un total de 101 persoas no accidente.

O Comité de Investigación de Accidentes de Aviación de Tailandia (AAIC) abriu unha investigación sobre o suceso. Esta investigación revelou que a tripulación desorientárase. A visibilidade era limitada e o estrés causou que a tripulación perdese o control do avión. O AAIC destacou tamén a escasa iluminación de Surat Thani e os avisos defectuosos do avión.

O accidente foi o segundo con máis vítimas mortais en Tailandia, tras o voo 004 de Lauda Air. Foi tamén o quinto peor accidente dun Airbus A310.

Avión O HS-TIA era un Airbus A310-204, con número de serie 415 e anteriormente rexistrado como F-WWBI para probas de voo con Airbus. Estaba bautizado co nome Phitsanulok e voara por vez primeira o 3 de marzo de 1986 e fora entregado a Thai Airways o 29 de abril dese ano.

Notas

Thai Airways International Thai Airways International Thai Airways International 0261