Primulaceae, as primuláceas, son unha familia de plantas fanerógamas anuais ou perennes (raramente matas) pertencente á orde Ericales, con 22 xéneros que inclúen coñecidas plantas de xardín, como as prímulas e flores silvestres, unhas 800 especies cosmopolitas, a maioría das rexións temperadas e frías do hemisferio boreal, moitas de montaña e outras acuáticas.

Descrición Caracterízanse polas súas follas simples, opostas, verticiladas, en roseta verdadeira ou falsa. Flores hermafroditas, case sempre actinomorfas ou cigomorfas, xeralmente pentámeras, gamopétalas, de ovario desenrolado por enriba dos verticilos ou en ocasións por debaixo, unilocular, con placentación basal, con heterostilia; solitarias ou en umbelas sobre un escapo. Froitos en cápsula ou pixidio.

Subfamilias Maesoideae Myrsinoideae Primuloideae TheophrastoideaeUSDA, ARS, National Genetic Resources Program.

Xéneros dereita|miniatura|170x170px|Dodecatheon Androsace L. - Follas en roseta. Bryocarpum Hook. f. & Thomson Centunculus Cortusa L. Dionysia Fenzl. Dodecatheon L. Douglasia Lindl. Hottonia L. Kaufmannia Regel. Prímula L. prímula, follas en falsa roseta, flor actinomorfa. Samolus L. Soldanella L. Vitaliana Sesl.

Os seguintes xéneros incluídos tradicionalmente na familia primulaceae, deberían, segundo Källersjö et al. (2000), pertencer á familia Myrsinaceae: Anagallis follas opostas, froito en pixidio. Anagallis arvensis L., murage; dereita|miniatura|131x131px|Anagallis arvensis Anagallis crassifolia Thore; dereita|miniatura|133x133px|Lysimachia nummularia Anagallis foemina Miller; Anagallis minima (L.) E. H. L. Krause, Anagallis monelli L., Anagallis tenella (L.) L. Ardisiandra Hook. f. Asterolinon Asterolinon linum-stellatum (L.) Duby Coris Coris monspeliensis L., Coris hispanica Cyclamen ciclame Cyclamen balearicum Willk., pamporcino. Glaux Glaux maritima L., en saladares. Lysimachia Pelletiera A. St.-Hil. Trientalis L.

Sinonimia Aegicerataceae Blume Anagallidaceae Batsch ex Borkh. Ardisiaceae Juss. Coridaceae J. Agardh Embeliaceae J. Agardh Lysimachiaceae Juss. Maesaceae Anderb. et al. Myrsinaceae R. Br., nom. cons. Samolaceae Raf. Theophrastaceae D. Don, nom. cons.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Espermatófita Perenne Ericales Ligazóns externas Primulaceae na USDA Primulaceae (RBG Kew) Primulaceae en Topwalks Primulaceae en APWeb

Categoría:Primulaceae