Arnold de Lantins, tamén coñecido como Arnoldus de Lantinis, (fl. 1420 - antes do 2 de xullo de 1432), foi un compositor de finais da Idade Media e principios do Renacemento pertencente á escola francoflamenga.Randel, Don Michael. The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press. 1996. Páxina 484. (En inglés) É un duns poucos compositores que amosa aspectos dos estilos medieval e renacentista. Foi contemporáneo de Guillaume Dufay durante a estadía deste en Italia.Allsen, J. Michael; Schoop, Hans. "Arnold de Lantins". En Grove Music Online . Ed. Macy.

Traxectoria Igual que ocorre con outros compositores desta época, coñécese moi pouco sobre a súa vida, fóra duns poucos anos desde a década de 1420 ata arredor de 1430. Crese que proviña de Flandres ou de zonas próximas. A principios da década de 1420 é probable que estivese ao servizo da familia Malatesta, en Rimini ou Pesaro, cidades do Adriático italiano, xa que Dufay o menciona no texto dun rondó que foi escrito entre 1420 e 1424. Sábese que Lantins estaba en Venecia en 1428 e en Roma en 1431; nesta última cidade formou parte do coro da capela papal como cantante, xunto a DufayPlanchart, Alejandro. "Guillaume Dufay". En Grove Music Online . Ed. Mancy.Gleason, Harold et Al. Music in the Middle Ages Renaissance. Alfred Music. 1988. Páxina 99. (En inglés). Permaneceu en Roma seis meses e despois nada se sabe do resto da súa vida. Roma estaba a entrar nun período de axitación relacionada co movemento conciliador tras a morte en febreiro de 1431 do papa Martiño V, e moitos músicos abandonan a cidade nese momento ou pouco despois; é probable que Lantins fose un deles.

Non se pode asegurar se Arnold de Lantins era parente de Hugo de Lantins, un compositor activo no mesmo tempo ca el. Non é improbable, xa que as obras de ambos adoitan figurar xuntas en coleccións e parece que puideron estar nas mesmas rexións xeográficas. No entanto, unha gran diferenza estilística entre as obras dos dous compositores confirma que non pode ser a mesma persoa.

Obra A música de Lantins tívose en alta estima e ​​aparece xunto á de Guillaume Dufay, Gilles Binchois e Johannes Ciconia nas coleccións de manuscritos contemporáneos. Un motete en particular (Tota pulchra es) atópase en fontes amplamente difundidas e, dado que isto tivo lugar antes da chegada da imprenta, a ampla distribución das copias considérase unha evidencia da fama e da popularidade dos compositores.Arnold de Lantins. En Allmusic.com (En inglés)

Arnold de Lantins escribiu diversas misas completas e tamén varias partes dunha misa composta en Boloña sumándose aos movementos escritos por Johannes Ciconia. Existen outros exemplos de autores que engaden movementos a misas parciais escritas por outros compositores, como por exemplo Zacara da Teramo. Os movementos de misas de Arnold de Lantins son bastante simples musicalmente, con tres voces; utiliza a técnica do motivo principal e evita a escritura imitativa.Widaman, Jean. The Mass Ordinary Settings of Arnold de Lantins: a Case Study in the Transmission of Early Fifteenth-Century Music . 1988

Algunhas das súas obras sacras, como os seus motetes marianos, conteñen escritura melódica florida e certo uso da imitación.

Tamén escribiu música profana, entre a que se inclúen baladas e rondós, todos en francés, así como algunhas outras pezas máis curtas. Algúns deles refírense a persoas ou acontecementos específicos, pero ningún se puido identificar de xeito concluínte.

Misas Misa Verbum incarnatum: Introitus: Salve sancta parens. Misa Verbum incarnatum: Kyrie, Sanctus, Marie filius. Misa Verbum incarnatum: Agnus Dei. Misa O pulcherrima: Kyrie. Misa O pulcherrima: Gloria. Misa O pulcherrima: Credo. Misa O pulcherrima: Sanctus. Misa O pulcherrima: Agnus Dei. Misa O pulcherrima Gloria. Et in terra pax.

Motetes In tua memoria / Qui ad te confugium. O pulcherrima mulierum. Tota pulchra es amica mea et macula.

Baladas Puisque je suy cyprianés. Tout mon desir et mon voloir.

Rondós Amour servir et honnourer. Ce jour de l’an belle je vous supplye. Certes belle quand de vous partiray. Chanter ne scay. Esclave a dueil et forain de liesse. Helas emy ma dame et ma mestresse. Las pouray je mon martire celer. Mon doulx espoir mon souvenir. Ne me vueilliés belle oblier. Or voy je bien que je moray martir. Puis que je voy belle que ne m’amés. Quant je mire vos doulce portraiture. Sans desplaisir et sans esmay. Se ne prenés de moy pité.

Discografía 1954. Music at the Burgundian Court. Dufay, Ockeghem, Obrecht. Pro Musica Antiqua, Safford Cape. (Vanguard Everyman). 1988. Musica del XV Secolo in Italia. Ensemble Ars Italica. (Tactus). (Contén In tua memoria). 1995. Music in Flemish Cities and Beguignages 1400-1500. Capilla Flamenca. (Eufoda). 2001. Lantins: Missa Verbum incarnatum. Capilla Flamenca, Psallentes, Oltremontano (Ricercar Records). (Contén O pulcherrina mulierum). 2008. The St. Emmeram Mensural Codex. Múnic, Bayerische Staatsbibliothek, clm 14274. Stimmwerck. (Aeolus). (Contén Tota pulchra es). 2011. The Flemish Polyphony. Varios intérpretes. (Ricercar).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Allsen, J. Michael & Schoop, Hans. "Arnold de Lantins". Grove Music Online. Ed. L. Macy. (En inglés) Kućmierz, Lida: Construction of music in non-mass works of Arnold de Lantins. Tese de doutoramento. Universidade Iaguelónica de Cracovia. Polonia 1995. (En inglés) Caldwell, John. Medieval Music. Indiana University Press, 1978. (En inglés) Galo, F. Alberto & Cattin, Giulio: Historia de la música 2: El Medioevo I. Historia de la música 3: El Medioevo II. Turner, 1987. (En castelán) Gleason, Harold et Al. Music in the Middle Ages and Renaissance. Alfred Music, 1988. (En inglés) Hoppin, Richard. Medieval Music. W. W. Norton, 1978. La música medieval. Akal, 2000. (En inglés e en castelán) Reese, Gustave: Music in the Middle Ages. W. W. Norton, 1940. La música en la Edad Media. Alianza, 1989. (En inglés e en castelán)

Ligazóns externas Partituras de Arnold de Lantins en Choral Public Domain Library (CPDL). Arnold de Lantins. Manuscritos dixitalizados en Digital Image Archive of Medieval Music (DIAMM). Gravación de In tua memoria de Lantins. Interpretada por Umeå Akademiska Kör. Gravacións de pezas de Lantins en YouTube.

Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Compositores franco-flamengos Categoría:Nados en ano descoñecido