Soundgarden foi unha banda de grunge estadounidense procedente de Seattle e formada en 1984 que axudou a definir o xénero. Trátase dunha das catro grandes bandas de grunge de Seattle, xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam. Foi creada polo vocalista e guitarrista Chris Cornell, o guitarrista Kim Thayil e o baixista Hiro Yamamoto. Scott Sundquist foi contratado para tocar a batería en 1985 para que Cornell puidese centrarse unicamente na voz. Matt Cameron converteuse no batería permanente en 1986 e Ben Shepherd ubstituiría a Yamamoto en 1990. O grupo separaríase en 1997, pero o 1 de xaneiro de 2010 anunciouse que Soundgarden volvería a reunirseAnuncio da reunión da banda Soundgarden Reunion Planned for 2010 en Billboard.com. Tras a morte de Cornell en 2017 Thayil converteuse no derradeiro membro orixinal.
Traxectoria Formación e primeiras gravacións Soundgarden ten a súa orixe nunha banda chamada The Shemps, que actuou pola zona de Seattle a comezos da década de 1980 e na que estaban o baixista Hiro Yamamoto e o batería e cantante Chris Cornell, xunto co guitarrista Matt Dentino. Tras a marcha de Yamamoto, a banda recrutou ao guitarrista Kim Thayil como novo baixista. Thayil mudárase a Seattle dende Park Forest, Illinois, xunto con Yamamoto e Bruce Pavitt, quen máis tarde fundaría o selo independente Sub Pop.DeRogatis, Jim. Milk It!: Collected Musings on the Alternative Music Explosion of the 90's. Cambridge: Da Capo, 2003. p. 69. ISBN 0-306-81271-1 Cornell e Yamamoto mantiveron o contacto e, despois de que The Shemps se separasen, comezaron a tocar xuntos. Finalmente uniríase a eles Thayil.
Soundgarden formouse en 1984 e incluía a Cornell (batería e voz), Yamamoto (baixo) e Thayil (guitarra). A banda tomou o seu nome dunha escultura de tubos que canalizan o vento chamada A Sound Garden,Corcoran, Michael (decembro de 1989). "Northwest of Hell". SPIN. p. 42 situada en propiedades da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica, no número 7600 de Sand Point Way, xunto ao Magnuson Park en Seattle."Nirvana and the Story of Grunge". Q. p. 102. Decembro de 2005
Cornell tocaba inicialmente a batería mentres cantaba, pero en 1985 a banda incorporou a Scott Sundquist para que Cornell puidese concentrarse na voz.George-Warren, Holly, Patricia Romanowski, and Jon Pareles. The Rolling Stone Encyclopedia of Rock & Roll. Rolling Stone Press. 2001. ISBN 0-671-43457-8 Con esta formación, a banda estivo un ano viaxando e actuando en varios concertos. As súas primeiras gravacións foron tres cancións que apareceron na recompilación de 1986 para C/Z Records titulada Deep Six: “Heretic”, “Tears to Forget” e “All Your Lies”. Nese álbum tamén figuraban temas doutras bandas pioneiras do grunge como Green River, Skin Yard, Malfunkshun, The U-Men e Melvins.
En 1986, a daquela moza de Cornell e futura esposa, Susan Silver, comezou a exercer como representante de Soundgarden. Ese mesmo ano, Sundquist deixou a banda para pasar máis tempo coa súa familia e foi substituído polo antigo batería de Skin Yard, Matt Cameron.
Unha actuación de Soundgarden unha noite impresionou ao DJ de KCMU Jonathan Poneman, quen máis tarde dixo: "Vin unha banda que era todo o que a música rock debería ser".Azerrad, Michael. Our Band Could Be Your Life. Little Brown and Company, 2001, p. 422. ISBN 0-316-78753-1 Poneman ofreceuse a financiar un lanzamento da banda, así que Thayil suxeriu que colaborase con Bruce Pavitt. Poneman comprometeuse a achegar 20 000 dólares para Sub Pop, converténdoa efectivamente nun selo discográfico plenamente establecido.Berkenstadt, Jim, Charles R. Cross. Classic Rock Albums: Nevermind. Schirmer, 1998, p. 19. ISBN 0-02-864775-0 Soundgarden asinou con Sub Pop, e o selo publicou "Hunted Down" en 1987 como o primeiro sinxelo da banda. A cara B de "Hunted Down", "Nothing to Say", apareceu na cinta recompilatoria de KCMU Bands That Will Make Money, que foi distribuída entre compañías discográficas, moitas das cales mostraron interese en Soundgarden.Gilbert, Jeff. "Primecuts: Kim Thayil". Guitar School. Maio de 1994 A través de Sub Pop a banda lanzou o EP Screaming Life en 1987, o EP Fopp en 1988 e unha combinación dos dous, Screaming Life/Fopp, en 1990. Ultramega OK, fichaxe por unha major, e Louder Than Love miniatura|A banda en 1987 Aínda que as grandes discográficas estaban tentando fichar a banda, en 1988 asinou co selo independente SST Records para o seu álbum de estrea, Ultramega OK, publicado o 31 de outubro de 1988. Cornell dixo que a banda "cometeu un enorme erro con Ultramega OK" porque usaron un produtor suxerido por SST que "non sabía o que estaba pasando en Seattle"."Yeah! I'm a Moody Bastard". Kerrang!. 19 de agosto de 1995Alexander, Phil. "Soundgarden". Raw. 1989 Segundo Steve Huey de AllMusic, Soundgarden mostra un "son Stooges/MC5-meets-Zeppelin/Sabbath" no álbum. Mark Miremont dirixiu o primeiro videoclip da banda para "Flower", que se emitía regularmente en 120 Minutes de MTV. Soundgarden promoveu Ultramega OK cunha xira polos Estados Unidos na primavera de 1989, e cunha xira por Europa que comezou en maio dese ano, a primeira xira da banda no estranxeiro."Haughty Culture". Kerrang!. 8 de abril de 1989 O álbum valeulle á banda unha candidatura ao Grammy na categoría de Mellor Interpretación de Metal en 1990.
A banda asinou con A&M Records a mediados de 1988,Renton, Johnny (1 de agosto de 1988). "Soundarden". The Rocket. p. 7 o que provocou unha fenda entre Soundgarden e o seu público tradicional. Thayil dixo: “Ao principio, os nosos fans viñan do ambiente punk rock. Abandonáronnos cando pensaron que traizoáramos os principios do punk ao fichar por unha discográfica grande e xirar con Guns N’ Roses. Había cuestións de moda e cuestións sociais, e a xente pensaba que xa non pertencíamos á súa escena, á súa subcultura particular”.Gilbert, Jeff. "Soundgarden". Guitar World. Decembro de 1995 A banda comezou a traballar no seu primeiro álbum cunha discográfica importante, pero os problemas de persoal provocaron un cambio no proceso de composición. Segundo Cornell: “Naquel momento Hiro [Yamamoto] excomungouse a si mesmo da banda e non había un sistema fluído no que respecta á música, así que acabei escribindo eu gran parte”."Colour Me Badmotorfinger!". Raw. 30 de outubro de 1991
O 5 de setembro de 1989 a banda publicou o seu álbum de estrea cunha major, Louder Than Love, que supuxo “un paso cara ao mainstream do metal”, segundo Steve Huey de AllMusic, que o describiu como “unha montaña lenta, ruxente e desafinada de riffs ao estilo Sabbath/Zeppelin e Chris Cornell berrando”. Debido a algunhas letras, especialmente en “Hands All Over” e “Big Dumb Sex”, a banda enfrontouse a diversos problemas de venda e distribución cando o álbum saíu ao mercado.Barber, Patrick. "Soundgarden". Pit. 1990 Louder Than Love converteuse no primeiro álbum de Soundgarden en entrar na Billboard 200, alcanzando o número 108, e tamén foi o primeiro álbum grunge en entrar nesa lista. Este logro viuse favorecido por dous sinxelos,“Hands All Over” e “Loud Love”, que lle deron visibilidade á banda en Headbangers Ball de MTV e en emisoras de rock mainstream fóra de Seattle como KNAC, WMMS, KRZQ, WBCN, Z Rock e KISS-FM.
Un mes antes de que comezase a xira de Louder Than Love, Yamamoto, que estaba cada vez máis frustrado por non estar a facer unha contribución significativa,"How Does Your Garden Grow?" Sounds. 21 de outubro de 1989 deixou a banda para volver á universidade.Loera, Carlos. "Soundgarden". Loud. 1990 Primeiro, o grupo fixo algúns ensaios con Jim Tillman, de U-Men, pero non funcionou, e pouco despois Jason Everman, antigo membro de Nirvana, substituíu oficialmente a Yamamoto no baixo.Greg Prato, Grunge Is Dead: The Oral History of Seattle Rock Music, ECW Press, 2009 A banda xirou por América do Norte entre decembro de 1989 e marzo de 1990, abrindo para Voivod, que estaban a promover o seu álbum Nothingface, con Faith No More e The Big F tamén como abreconcertos ao comezo e ao final da xira. A banda tamén xirou por Europa.miniatura|esquerda|225px|Chris Cornell
Soundgarden despediu Everman a mediados de 1990, despois de completar a xira de promoción de Louder Than Love; Thayil dixo que “Jason simplemente non funcionou”.Neely, Kim. "Soundgarden: The Veteran Band from Seattle Proves There's Life After Nirvana". Rolling Stone. 9 de xullo de 1992 Louder Than Love deu lugar ao EP Loudest Love e á compilación en vídeo Louder Than Live, ambos publicados en 1990.
Máis ou menos nesa época, o vocalista de Mother Love Bone, Andrew Wood, morreu dunha sobredose. Era moi amigo do persoal de Soundgarden, e estes, ao lado dalgúns integrantes de Pearl Jam, deciden gravar algunhas cancións en homenaxe ao seu falecido amigo. Ese proxecto paralelo acabou nun disco, e a banda foi coñecida como Temple of the Dog.Turman, Katherine. "Life Rules." RIP. Outubro de 1991 O disco foi publicado pola propia A&M Records, en 1991.
Formación consolidada, Badmotorfinger, e aumento da popularidade O baixista Ben Shepherd substituíu Jason Everman en 1990 e a nova formación gravou ao ano seguinte o terceiro álbum de Soundgarden. Cornell dixo que Shepherd achegou un enfoque “fresco e creativo” ás sesións de gravación,"'Garden of Eden". Kerrang!. 31 de agosto de 1991 e a banda en conxunto afirmou que o seu coñecemento musical e as súas habilidades de composición redefiniron o grupo. O álbum resultante, Badmotorfinger, producido por Terry Date, publicouse o 8 de outubro de 1991. Steve Huey, de AllMusic, dixo que a composición en Badmotorfinger “dá un salto cuántico en foco e consistencia”. Engadiu que era “música sorprendentemente cerebral e artística para unha banda que buscaba ao público do metal mainstream”. Thayil suxeriu que as letras do álbum son “como ler unha novela sobre o conflito do home consigo mesmo e coa sociedade, ou co goberno, ou coa familia, ou coa economía, ou con calquera cousa”."Soundgarden". Guitar for the Practicing Musician. Decembro de 1992
O primeiro sinxelo, “Jesus Christ Pose”, chamou a atención cando MTV decidiu prohibir o seu vídeo en 1991. A canción e o vídeo indignaron a moitos oíntes que o percibiron como anti-cristián, e a banda recibiu ameazas de morte durante a xira no Reino Unido."I Don't Care About Performing for 20,000!". Raw. 15 de setembro de 1993 Cornell explicou que as letras critican figuras públicas que usan a relixión (especialmente a imaxe de Xesús Cristo) para presentarse como perseguidas.Magnuson, Ann. "Sub Zep?". Spin. Febreiro de 1992
Aínda que no momento da súa saída quedou eclipsado pola popularidade repentina de Nevermind de Nirvana, a atención que este disco trouxo á escena de Seattle axudou a que Soundgarden acadase máis visibilidade. Os sinxelos “Outshined” e “Rusty Cage” atoparon público na radio de rock alternativo e na MTV. Badmotorfinger foi nomeado a un Grammy a Mellor Interpretación de Metal en 1992 e estivo entre os 100 discos máis vendidos do ano.Lyons, James. Selling Seattle: Representing Contemporary Urban America. Wallflower, 2004. ISBN 1-903364-96-5, pp. 136