O Palacio da Bolsa do Porto, Portugal (en portugués, Palácio da Bolsa) é un edificio (pazo urbano) neoclásico que comezou a se construír en 1842 polo arquitecto Joaquim da Costa Lima como sede da Asociación Comercial do Porto. Atópase situado na Rúa Ferreira Borges, á beira da Igrexa de San Francisco (São Francisco), centro histórico da cidade, clasificado pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.
Historia e características Planeado por Gonçalves de Sousa, salienta a ampla e pintoresca Sala Arábiga, inspirada no Palacio da Alhambra de Granada en España, cuxa construción empezou en 1862 onde a súa rica decoración se ve potenciada pola iluminación, que produce uns fermosos efectos cromáticos. Tamén están o Patio das Nacións (Pátio das Nações) completamente acristalado, a Sala do Presidente, a Biblioteca con máis de 10.000 volumes, as esculturas de Soares dos Reis e Teixeira Lopes e as pinturas de António Ramalho, Veloso Salgado, António Carneiro and Henrique Medina. É a sede da Cámara de Comercio e Industria do Porto.Cámara de Comercio e Industria do Porto.
Serviu de recepción de grandes mandatarios e alberga diferentes eventos e actividades. É unha das atraccións arquitectónicas máis importantes da cidade, visitada por máis de 200.000 turistas ao ano. Está clasificado como Monumento Nacional.
Medidas das salas: Patio das Nacións: 506 m² Sala Árabe: 315 m² Habitación Asemblea Xeral: 153 m² Auditorio: 127 m² Sala do Presidente: 42 m²
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Palácio da Bolsa Palácio da Bolsa
Categoría:Pazos de Portugal Categoría:Arquitectura do Porto Categoría:Monumentos nacionais de Portugal Categoría:Neoclasicismo