RTS Première (en galego, RTS Primeira) é unha emisora de radio suíza en lingua francesa pertencente á cadea pública Radio Télévision Suisse (RTS). Iniciou as súas emisións o 30 de setembro de 1922. Desde 1984 a súa programación é xeneralista, baseada en emisións informativas, musicais e culturais. A súa sede e estudios atópanse en Lausana.
Difusión RTS Première emite en Suíza a través de FM, DAB, por satélite (Hot Bird), por cable e Internet. Algúns dos seus programas proporciónanse coma un podcast.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da emisora
Categoría:Emisoras de radio de Suíza