A estación de Zaragoza–Portillo é unha estación de tren subterránea de Adif situada na cidade de Zaragoza. Foi inaugurada en 2008 nunha parte dos terreos da histórica estación de Campo Sepulcro, principal estación da cidade ata a apertura de Zaragoza-Delicias. A antiga estación fora construída por MZA en 1864 e foi rebautizada por Renfe como Zaragoza-El Portillo en 1973.

Está integrada na liña C-1 de Proximidades Zaragoza e rexistra tráfico de trens de Media Distancia.

Situación ferroviaria A estación forma parte da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Barcelona vía Zaragoza, punto quilométrico 340,9.

Historia A apertura da liña Zaragoza-Madrid por parte de MZA o 25 de maio de 1863 supuxo a inauguración da estación de Campo Sepulcro, recinto provisional que acolleu os primeiros viaxeiros da liña.Madrid a Zaragoza Spanishraiway

A construción do Ponte da Almozara permitiu a súa conexión coa marxe esquerda do Ebro e a Estación do Norte, ruta aberta en 1870, o que posibilitou conectar a través de Zaragoza as liñas Madrid-Barcelona e Barcelona-Altsasu.

As dúbidas de se a estación tería carácter terminal ou pasante así como problemas para obter os terreos necesarios dilataron a súa construción definitiva ata 1891 momento no cal a fusión entre MZA e a Compañía do Ferrocarril de Tarragona a Barcelona e Francia (TBF) despexou as dúbidas sobre o carácter pasante da estación. En 1896 púidose finalmente inaugurar a estación definitiva coa súa longa fachada de 144 metros de lonxitude dividida nun pavillón central, dous pavillóns nos extremos e dúas ás conectando todos estes elementos.

En 1967, tras o peche das antigas estacións contiguas de Cariñena, Utrillas e Caminreal pasou a ser a principal estación da cidade. En 1973, RENFE procedeu á súa ampliación e reforma modificando substancialmente o seu aspecto inicial e cambiando a súa denominación pola de Zaragoza-El Portillo ata que en 2003 foi substituída pola nova e maior Estación de Zaragoza-Delicias.

En 2008, en terreos da antiga estación inaugurouse a nova estación subterránea de Zaragoza-Portillo, na cal prestan servizos de Media Distancia e o Proximidades Zaragoza.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 21 de xaneiro de 2017. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe   Intercity | València-Nord Cartaxena| | Zaragoza-Miraflores|--- |- align=center | bgcolor=#800080 |   | Rexional Exprés Madrid-Chamartín Barcelona-Estació de França   Rexional Exprés | Burgos| | Zaragoza-Miraflores|--- |- align=center | bgcolor=#800080 |   | Rexional Exprés LogroñoCastejón de Ebro Zaragoza-MirafloresZaragoza-Delicias   Rexional | Madrid-ChamartínArcos de JalónCalatayud| | Zaragoza-Miraflores|--- |- align=center | bgcolor=#800080 | 34 | Rexional Móra la Nova Zaragoza-Delicias 49 Rexional | Teruel| | Zaragoza-Miraflores|--- |- align=center | bgcolor=#800080 | 56 | Rexional JacaCanfranc Zaragoza-Delicias

Proximidades A estación forma parte da liña C-1 da rede de Proximidades Zaragoza operada por Renfe.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información na web de Adif

Portillo