Yo soy Betty, la fea ou sinxelamente Betty, la fea é unha telenovela colombiana, creada por RCN Televisión e escrita por Fernando Gaitán, gañadora do Guinness Records 2010 como a telenovela máis exitosa de tódolos tempos. Estreouse o 25 de outubro de 1999 e finalizou o 8 de maio de 2001. Está protagonizada por Ana María Orozco e Jorge Enrique Abello, coas participacións antagónicas de Natalia Ramírez, Lorna Paz, Luis Mesa e Julián Arango.

A súa versión orixinal foi emitida en moitos países con grande éxito, incluíndo toda Latinoamérica, con elevados niveis de audiencia. No 2010, entrou ao libro dos Guinness World Records como a telenovela máis exitosa da historia, ó ser emitida en máis de 180 países, ser dobrada a 25 idiomas e ó contar con polo menos unhas 28 adaptacións ó redor do mundo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Yo soy Bea Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 1999 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2001 Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Colombia