La Tetera foi un semanario editado en Tui entre 1913 e 1914. Deu continuidade a La Opinión.

Historia e características Semanario satírico que apareceu o 12 de outubro de 1913, fundado por Alejo Diz Jurado, que tamén foi redactor asinando co pseudónimo Criticón B. Imprimíase na Guarda. O seu primeiro director foi Jenaro Carrera ao que sucedeu Emilio Sías. Editado polos sectores anti-ordoñistas locais, foi continuador de La Opinión. Entre os seus colaboradores figuraron os irmáns Luis, Heriberto e Mariano Gerpe sobre temas locais de Tomiño. Publicáronse 31 números, o último apareceu o 6 de decembro de 1914."Tui recibió la donación de la colección del periódico tudense La Tetera" (27/9/2021). telemariñas .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Tui Categoría:1913 en Galicia