Guillaume Legrant, coñecido tamén como Wilhelmus Legrant ou polo seu patronímico Guillaume Lemacherier, nado cara a finais do século XIV e finado despois de 1456, foi un compositor francoflamengo pertencente á escola de Borgoña. Semella non ter ligazón ningunha co seu homónimo Johannes Legrant, coetáneo e adscrito á mesma escola musical.Notas biográficas sobre Guillaume Legrant en Allmusic.com.
Traxectoria Guillaume Legrant aparece nos rexistros eclesiásticos en 1405, cando era neno do coro na catedral de Bourges. Entre 1407 e 1410 figura como esmoleiro na mesma sé.
En outubro de 1418 Legrant está en Roma e entra ao servizo do papa Martiño V como chantre do cabido na capela papal, onde fica ata 1421. Posteriormente, ocupou diversos postos na diocese de Rouen cara a 1446. Exerceu tamén como chantre da capela do duque Carlos I de Orleáns en Blois entre 1455 e 1456.Guillaume Legrant (fl. 1419-46). En Hoasm.org
Obra Guillaume Legrant escribiu música tanto sacra como profana, da que hoxe se conservan sete composicións: tres de música sacra, principalmente misas (credo e gloria), que están entre as primeiras en distinguir entre o solo e a coral polifónica; e catro composicións profanas, todas elas virelais, que respectan o estilo de poemas de forma fixa.Composicións de Guillaume Legrant en Allmusic.com.
Virelais a tres voces Pour l'amour de mon bel amy. Ma Chiere mestresse et Amye. Or avant, fillettes de gentilz. Si vous saviez.
Misas a tres voces Gloria. Credo (I). Credo (II).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gustave Reese. Music in the Renaissance. Nova York, WW Norton & Co., 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
Ligazóns externas Legrant, Guillaume. En Encyclopédie Larousse.
Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Nados no século XIV Categoría:Finados no século XV