★ (pronunciado e estilizado como Blackstar) é o derradeiro álbum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o 8 de xaneiro de 2016, coincidindo co seu 69 aniversario, a través dos selos ISO, RCA, Columbia e Sony.
Historia e características A meirande parte do disco gravouse en segredo entre os estudios The Magic Shop e Human Worldwide Studios en Nova York, co produtor Tony Visconti e un grupo de músicos de jazz locais. O álbum contén versións regravadas de dúas cancións, "Sue (Or in a Season of Crime)" e "'Tis a Pity She Was a Whore", ambas as dúas lanzadas orixinalmente en 2014.
O álbum contén moitos estilos musicais, como jazz e rock experimental entre outros. Dous días despois do seu lanzamento Bowie morreu dun cancro de fígado; a súa enfermidade non fora revelada ao público ata entón. O produtor Tony Visconti describiu o álbum como un regalo de despedida para os seus seguidores antes da súa morte. Varios temas ao longo do disco revelan esta temática.
Tras a súa edición, o álbum foi aclamado pola crítica e foi un éxito comercial, acadando a cima das listas de varios países a raíz da morte de Bowie, e converténdose no seu único disco en chegar ao número 1 da lista estadounidense Billboard 200. O disco estivo no número 1 das listas británicas durante tres semanas. Blackstar recibiu dúas nomeacións para os premios Grammy de 2017, sendo unha delas para o mellor álbum de música alternativa.
Listaxe de cancións
Notas
"Blackstar" está estilizado como "★". "Sue (Or in a Season of Crime)" contén elementos de "Brand New Heavy" de Plastic Soul, escrita por Bateman e Bhamra. O apelido deste último está sempre mal escrito como "Bharma" no libreto do álbum.
Notas
Categoría:Álbums de David Bowie Categoría:Álbums musicais de 2016 Categoría:Álbums producidos por Tony Visconti Categoría:Álbums de RCA Records Categoría:Álbums de Columbia Records