Ofra Haza (en hebreo עפרה חזה), nada en Tel Aviv o 19 de novembro de 1957 e finada en Ramat Gan o 23 de febreiro de 2000, foi unha cantante mezzo-soprano israelí que alcanzou unha gran popularidade en Israel e en todo o mundo cunha peculiar mestura da música tradicional dos xudeus iemenís e o pop.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de xudeus orixinarios do Iemen que emigraran a Israel. Aos doce anos uniuse ao grupo de teatro do barrio Hatikvah, ao sur de Tel Aviv. Tras servir durante dous anos no exército israelí, gravou o seu primeiro disco en solitario, co que obtivo gran popularidade en Israel. Ao longo da súa carreira, conseguiu 16 discos de ouro e platino. Cantou en hebreo, árabe, arameo e inglés, entre outras linguas como o español.
En 1983 participou no Festival de Eurovisión, e obtivo o segundo posto coa canción Chai, o que lle proporcionou fama internacional. Dous anos despois publicou internacionalmente o seu disco Yemenite Songs, baseado nos poemas do rabino Shalom Shabazi. En 1988 a súa canción Im Nin'alu, do mencionado disco, alcanzou un grande éxito en Alemaña. Co álbum Kyria (1992) obtivo un nomeamento para os Premios Grammy. Interveu en numerosas bandas sonoras. Para a película de animación The Prince of Egypt, interpretou o tema Deliver Us (Libéranos) non só na versión orixinal en inglés, senón tamén en 18 das dobraxes internacionais da película, incluíndo as dúas versións en español diferenciando o acento ibérico e o latinoamericano (para o mercado de América Latina).
En 1992, colaborou facendo os coros con The Sisters of Mercy na canción Temple of Love. A colaboración de Ofra Haza, permitiu que dita canción colocásese en primeiros postos de listas de venda. Foi un dos vídeos máis vistos en MTV no ano 1992.
En 1994, a petición de Isaac Rabin, actuou na cerimonia de entrega do Premio Nobel da Paz.
A súa canción Im Nin 'Alu apareceu na BSO do videoxogo Grand Theft Auto Liberty City Stories.
Morreu, probablemente de pneumonía e un fallo multiorgánico complicado pola SIDA, o 23 de febreiro de 2000, aínda que as circunstancias da súa morte non foron confirmadas pola familia. Morreu no Sheba Medical Center da cidade de Ramat Gan.
Discografía selecta miniatura|200px|Ofra Haza nos actos de celebración do 50 aniversario da independencia de Israel. 1974 - Ahava rishona (+ Shejunat Hatikva Workshop Theatre) 1976 - Vejuts mizé hakol beseder (+ Shejunat Hatikvah Workshop Theatre) 1977 - Atik noshan (+Shejunat Hatikvah Workshop Theatre) 1979 - Shir hashirim beshaashuim (+ Shechunat Hatikvah Workshop Theatre) 1980 - Al ahavot shelanu 1981 - Bo nedaber 1982 - Pituyim 1982 - Liyeladim 1983 - Hai 1983 - Shirey moledet 1 1984 - Bayt ham 1984 - Shirey Teyman/Yemenite Songs 1985 - Adamah 1985 - Shirey Moledet 2 1986 - Yamim Nishbarim 1987 - Shirey Moledet 3 1987 - Álbum HaZahav (Golden Album) 1988 - Shaday 1988 - Yemenite Love 1988 - Fifty Gates Of Wisdom 1989 - Desert Wind 1992 - Kirya 1992 - The Sisters of Mercy- Temple of Love(con Ofra Haza) 1993 - Oriental Nights 1993 - And One - Friend Of Stars (Voice Ofra Haza) 1994 - Kol Haneshama 1995 - Queen in Exile 1997 - Ofra Haza 1998 - At Montreux Jazz Festival (Live 1990) 2000 - Greatest Hits vol.1 2001 - HTV Music History 2004 — Greatest Hits vol.2/Bemanginat Halev (Melody Of The Heart) 2008 — Forever Ofra Haza - Her Greatest Songs Remixed
Recompilacións Ofra Haza Greatest Hits Vol.1 (3 CD) (2000) Ofra Haza Greatest Hits Vol.2 (3 CD) (2004)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tel Aviv Yerushalayim Shel Zahav The Prince of Egypt
Ligazóns externas Información y discografía completa Biografía dividida en capítulos(en español) Ofra Haza Official Site (en hebreo e inglés) Ofra Haza Official Myspace (en inglés) Ofra Haza Free your emotions (en francés) Letra de su canción Jai (en hebreo e inglés) The One And Only Ofra Haza (en alemán) Ofra Haza Online (en inglés)
Categoría:Nados en Tel Aviv Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Representantes de Israel en Eurovisión Categoría:Cantantes de Israel