O distrito de Gali (en , en , en ) é un distrito de Abkhazia. A súa capital é Gali, a vila homónima. O distrito é máis cativo que o epónimo da subdivisión de Xeorxia, xa que unha parte do seu territorio é hoxe parte do distrito de Tkvarcheli, formado polas autoridades abkhazas en 1995.
A poboación do distrito era de 29 287 segundo o censo do 2003 levado a cabo Abkhazia, mais a república é cuestionada por diversos observadores internacionais;2003 Census results estimouse nuns 45 000 no 2006, malia que as autoridades abkhazas rexeitaron esta cifra alegando que polo menos 65 000 volveran ó distrito ese ano.Abkhazia Today. The International Crisis Group Europe Report N°176, 15 September 2006, page 11. Consultado o 27 de maio de 2007. Free registration needed to view full report
Demografía Segundo o censo de 2003, a poboación do distrito componse por: Xeorxianos (98,7%) Rusos (0,5%) Abkhazos (0,4%) Armenios (0,1%) Gregos (0,1%)
Notas
Categoría:Xeografía de Abkhazia