Juan Carlos Piñeiro Docampo, nado en San Cibrao (Cervo) en 1977, é un consultor e político galego de Compromiso por Galicia (CxG), compoñente do Consello do PDE/EDP. No congreso de Compromiso por Galicia celebrado en xaneiro de 2017 foi escollido como Secretario Xeral da formación galeguista, cargo no que continúa na actualidade. Resultou reelixido con amplo respaldo no III Congreso de CxG, celebrado o 22 de setembro de 2019. Tamén desenvolve actividade como consultor político e de comunicación.

Traxectoria É técnico en Prevención de riscos laborais e asesor en materia laboral e de recursos humanos, tamén consultor de empresa. Foi fundador do colectivo xuvenil “Os farallóns” de San Cibrao do cal foi presidente. Militante do PSdeG-PSOE de Cervo dende os 18 anos, en 1995 foi elixido Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia na Comarca da Mariña e membro do comité provincial do PSOE de Lugo. En 1997 asumiu o Departamento de xuventude da UGT Costa Lucense e participou na fundación da Iniciativa Estudantil Galega da cal foi responsable comarcal ata o ano 2000. Nese mesmo ano foi elixido concelleiro en Cervo do PSdeG-PSOE e foi o portavoz deste grupo no Concello. En 2001 foi elixido secretario de organización da UGT Costa Lucense e no 7º congreso de UGT Costa en 2005 foi elixido secretario Xeral do sindicato, cargo que revalidou en 2009Piñeiro Docampo renueva como secretario de UGT-Costa Lucense..

Abandonou o PSOE logo de aprobar a reforma laboral e a modificación do artigo 135Un foro de militantes del PSOE de A Mariña anuncia que recorrerá la comarca para lograr avales para Manel Vázquez., e en 2015 pasou a militar en Compromiso por Galicia, presentándose para a alcaldía nas municipais de 2015 en Burela, sen obter representación. En 2016 foi elixido, mediante primarias abertas, cabeza de lista de CxG ás eleccións autonómicas de 2016 pola provincia de Lugo. En xaneiro de 2017 presentouse como único candidato á secretaría xeral de CxG e no congreso do partido celebrado o 21 de xaneiro foi elixido Secretario XeralJuan Carlos Piñeiro Docampo será elixido hoxe secretario xeral de CxG.Piñeiro liderará o reinicio de Compromiso por Galicia. cun amplo apoio. O 21 de setembro de 2019 no III Congreso Nacional de CxG resultou elixido de novo Secretario Xeral.

Logo de vir participando en varios Congresos do Partido Demócrata Europeo, PDE-EDP, o 29 de novembro de 2019, Compromiso por Galicia pasa a ser membro de pleno dereito do EDP, sendo Piñeiro Docampo elixido membro do seu Consello. Fixo o discurso de ingreso en París en lingua galega, como defensa dos idiomas no marco da UE.

Nestes anos de actividade, encabezou dúas delegacións con representación de diversas entidades e asociacións de diversos ámbitos do tecido social galego: empresarios, ambientalistas, autónomos, sindicais... convidadas a presentar as súas iniciativas no Parlamento Europeo a través do acordo que Compromiso por Galicia mantén dentro da Coalición da Europa dos pobos co seu socio o EAJ-PNVCxG concurre as eleccións europeas de 2014 co nome de Coalición por Europa, xunto ao PNV, CiU e Coalición Canaria.. Participou como número 3 da lista da coalición CEUS e segue a manter a representación de Izaskun Bilbao.

Foi tamén un dos impulsores e defensores do pacto entre BNG e CxG para as eleccións xerais de novembro de 2019, Pacto que firmou con Ana Pontón en Santiago o 7 de outubro de 2019.

Na eleccións galegas de 2020, seguindo a tese de unidade de acción do galeguismo, impulsou unha coalición a tres entre En Marea, Partido Galeguista e o propio Compromiso por Galicia.

Desde setembro de 2020 colabora nos Faladorios do programa Bos Días da CRTVG no apartado de opinión e debate.

O 12 de novembro de 2020 pasa a formar parte da Cámara de Comercio e Cooperación de Israel e Iberoamérica como Director para os Países de fala portuguesa e para Galicia. co seguinte compromiso "a miña intención e liña de traballo e buscar oportunidades de negocio para as empresa galegas e de Portugal coas empresas de Israel e dos Países membros da Cámara. Tamén implicarme no coñecemento da cultura en ámbalas dúas direccións".

Desde o 1 de febreiro de 2021 está, xunto con outros galeguistas, traballando no impulso da Casa da Lusofonía en Ourense como vehículo de cultura e tamén de economía relacionado coa diplomacia que ofrece o galego como parte da lusofonía. Forma parte da asociación impulsora como consultor e parte da directiva.

O 28 de abril de 2021, nace na Coruña Red Mundo Atlántico, unha iniciativa de empresarios de España, unidos coa AEP de Portugal para crear unha organización innovadora na forma de facer negocios e na defensa do eixo atlántico como motor económico, con embaixadores a nivel global. En Red Mundo Atlántico, Piñeiro Docampo, ocupa o cargo de Director Internacional no equipo de dirección.

Desde o ano 2021 é o Director de Operacións do evento Mobile Week Ourense, vinculado a Mobile World Barcelona.

Colabora en medios de comunicación galegos con artigos de opinión e relatosPraza.gal - Artigos de opinión.. Ten unha sección de opinión fixa en RadioVoz para a provincia de Lugo chamada "O lapis do carpinteiro".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Opinión:“O galeguismo ten que ser a referencia de construción do país”

Categoría:Concelleiros de Cervo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Nados en Cervo Categoría:Nados en 1977 Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia