Mike Wilds, nado en Chiswick, Londres, o 7 de xaneiro de 1946, é un expiloto de carreiras inglés. Participou en oito Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 20 de xullo de 1974. Non anotou puntos de campionato. Traxectoria
Logo de gañar algunhas carreiras en Fórmula 3 a principios dos 70, Wilds trasladouse á Fórmula 5000. Ao mesmo tempo, participou nalgúns Grandes Premios de Fórmula Un, primeiro cun March privado, logo cun Ensign e BRM. Despois de que non cualificar no Gran Premio de casa, cun Shadow privado, concentrouse noutras categorías do deporte de motor, incluíndo as carreiras de coches deportivos e carreiras históricas.
Wilds gañou a clase da Fórmula Dúas no Campionato Aurora AFX de 1978, pilotando un Ralt e terminou noveno na clasificación xeral. Tamén gañou o campionato de coches deportivos Thoroughbred (pura sangre) en 1984 pilotando un Aston Martin DB4.
Wilds gañou o campionato RJB Mining Historic Sports Car en 1992, 1993, 1996 e 1998.
A andaina de carreiras de autos deportivos de Wilds incluíu pilotar en Le Mans 8 veces, incluíndo os coches C2 de Ecurie Ecosse (Campión do Mundo C2, 1986), e Grupo C con Nissan en 1988 co seu compañeiro Win Percy.
Wilds gañou o 2008 Campionato de pilotos Britcar xunto con Ian Lawson e o fillo de Mike, Anthony Wilds no ING Sport BMW. O equipo tamén volveu gañar outra vez en 2013 e tamén gañou en 2008 o Grupo C Enduro Trophy no Porsche 962 con Henry Pearman.
Aínda pilota de cando en vez en eventos para coches históricos. Competiu cun Porsche 962 e un Elva Mk5 no Silverstone Classic de 2008. Volveu á grella da Britcar Endurance en maio de 2016 logrando a súa primeira vitoria como unidade compartida co seu fillo Anthony nun Ferrari 458.
Ademais da súa andaina nas carreiras de coches, Wilds é un piloto activo e instrutor de helicópteros comerciais. é afectuosamente coñecido como 'The Honorific' Mike Wilds.
Rexistro de carreiras
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos Dempster Racing March 731 Ford V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBRNSC ALE NC 0 Team Ensign Ensign N174 Ford V8 AUTNSC ITANSC CANNSC USANC Stanley BRM BRM P201 BRM V12 ARXRet BRARet RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA NC 0 Team P R Reilly Shadow DN3 Ford V8 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBRNSC ALE AUT NED ITA CAN USA xPN NC 0
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coches Clase Voltas Pos. ClasePos. 1981 Tuff-Kote Dinol Racing Jan Lundgårdh Axel Plankenhorn Porsche 935 L1 "Baby" Gr.5 49 Ret Ret 1982 Dorset Racing Associates François Duret Ian Harrower De Cadenet-Lola LM C 56 Ret Ret 1984 Ecurie Ecosse David Leslie David Duffield Ecosse C284 C2 36 Ret Ret 1985 Ecurie Ecosse David Leslie Ray Mallock Ecosse C286 C2 45 Ret Ret 1986 Ecurie Ecosse David Leslie Ray Mallock Ecosse C286 C2 181 DSC DSC 1987 Ecurie Ecosse Les Delano Andy Petery Ecosse C286 C2 135 Ret Ret 1988 Nissan Motorsports Allan Grice Win Percy Nissan R88C C1 344 14º 13º
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Mike Wilds driving F1
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ensign Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Motors Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans