250px|thumb|Palacio de Xustiza de Bilbao, sede do TSJPV. O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoko Auzitegi Nagusia, en castelán: Tribunal Superior de Justicia del País Vasco), abreviadamente TSJPV, é o máximo órgano do poder xudicial do País Vasco. Ten a súa sede no Palacio de Xustiza de Bilbao.
O actual presidente, dende 2010, é Juan Luis Ibarra Robles.
Historia O seu antecedente máis directo foron as antigas Audiencias Territoriais nadas en 1812. O actual Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco foi creado en 1985 a partir do artigo 26 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, constituíndose o 23 de maio de 1989.
Competencias O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco é un órgano xurisdicional colexiado da administración de xustiza en España que culmina a organización xudicial no País Vasco en cuxo territorio exerce as funcións dentro do principio de unidade de todo o Estado, de conformidade co disposto no artigo 152 da Constitución española de 1978 e o Estatuto de Autonomía.
Ten competencia en materias civís, penais, contencioso-administrativas e sociais.
Organización O alto tribunal vasco divídese en cinco salas: A Sala de Goberno A Sala do Civil e Penal A Sala do contencioso-administrativo A Sala do social A Sala Especial
Existe un Presidente do Tribunal Superior, un Presidente para cada unha das Salas, un Presidente para cada unha das seccións: civil, penal, social, contencioso-administrativo, así como un número variable de maxistrados en función do traballo do Tribunal. A provisión das prazas faise por concurso, sempre seguindo as normas xerais aplicables a todo o Estado.
A Sala de Goberno está formada polo presidente do Tribunal, os Presidentes das tres salas, os das Audiencias Provinciais de Guipúscoa, Áraba e Biscaia e seis maxistrados ou xuíces elixidos polas asociacións profesionais con implantación territorial no País Vasco. Non ten funcións xurisdicionais, senón de goberno e administración interna.
A Sala Especial trata as recusacións formuladas contra o Presidente, os Presidentes de Sala ou das Audiencias Provinciais.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco
País Vasco Categoría:País Vasco