Nafissatou Niang Diallo, nada en Dakar en 1941 e finada en 1982, foi unha escritora senegalesa. De etnia wólof, quedou orfa cando tiña un ano e educouna unha avoa materna, escritora precoz comezou a escribir na súa infancia. Estudou na escola de comadroas de Dakar e no Instituto de Puericultura de Tolosa.

Obra De Tilène au Plateau, una enfance dakaroise, 1975 (autobiografía sobre a súa infancia) Le Fort maudit, 1980 (novela) Awa la petite marchande, 1981 (novela) La Princesse de Tiali, 1987 (novela)

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores do Senegal Categoría:Nados en Dakar Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1982