Hato de Foces é un grupo musical aragonés do xénero folk que foi fundado en Huesca.
Historia O grupo naceu en 1977 cando un grupo de amigos amantes da música tradicional comezaron a xuntarse a cantar e interpretar cancións de grupos como Nuestro Pequeño Mundo, Nuevo Mester de Juglaría, Oskorri, Jarcha, La Bullonera, etc... grupos que foron referentes para "Hato de Foces". Non foi até o ano 1981, despois dun exitoso concerto, que o o seu traballo se converte en regular. A partir dese intre, o grupo adícase a difundir a música tradicional aragonesa, tanto vocal como instrumental, buscando nos cancioneiros ou recollendo cancións por tradición oral. Deste xeito, recuperaron cancións populares en risco de esquecemento, recuperando tamén instrumentos como a gaita de boto aragonesa.
Hato de Foces toma o seu nome dun lugar de Semontano no que os pastores, ó facerse noite, se gorecen coas súas ovellas. O disco Hato de Foces (1999) dedicáronllo a Rafael Andolz. O grupo deixou os escenarios o 8 de agosto de 2011, despois de máis de 35 anos de traballo e 550 concertos.
Compoñentes Marise Aguilar (voz) Alfredo Callén García (baixo e voz) Salvador Cored (gaita de boto, frauta travesa, mandolina , bandurra, laúde e guitarra) Jorge Marsó (batería e percusión) Carlos Montull (guitarra , laúde ) José Luis Ochoa Hortelano (voz, laúde, guitarra e frautas doces, entre outros instrumentos). Olga Orús (voz) Josu Ubierna (acordeón)
Discografía Amadruga (1983) En plena calle (1985) Tradición y fiesta (1986) Cuarto creciente (1989) Cantar de camino (1992) Hato de Foces (1999) Errekeerre (2002) Estrella de Paz (2002) Chino Chano (2006)
Premios Premio Nacional de Actualización de Música Folk, Guadalaxara (1987) Grupo Folk mas votado polos oíntes de Radio Nacional de España (1989) Medalla de Antena 3 (1985) Folklorista Altoaragonés (1983, 1984 e 1986) Grupo mas votado polos oíntes do programa Trébede de RNE - Radio 3 Premio Parrilla de Oro, Huesca 2009
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina sobre Hato de Foces na Gran Enciclopedia Aragonesa
Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de Aragón Categoría:Artigos sen imaxes