Jane Marian Joseph, nada o 31 de maio de 1894 en Londres (Inglaterra) e finada na mesma cidade o 9 de marzo de 1929, foi unha compositora, arranxadora e profesora de música inglesa. Foi alumna e posteriormente compositora asociada de Gustav Holst, e estivo estreitamente implicada na organización e na xestión de varios festivais de música que Holst patrocinou. Moitas das súas obras foron compostas para ser interpretadas nestes festivais e en ocasións similares. A súa morte prematura, que impediu a plena realización do seu talento, foi considerada polos seus contemporáneos como unha perda considerable para a música inglesa.

Holst foi o primeiro en observar o potencial de Joseph cando estaba a ensinarlle composición na St Paul's Girls' School. Comezou a actuar como a súa copista en 1914, cando estaba a compoñer The Planets, a súa especial responsabilidade era a preparación da partitura do movemento "Neptune". Continuou a asistir a Holst con transcricións, arranxos e traducións, e foi a súa libretista para o ballet coral The Golden Goose. Durante a súa breve vida profesional converteuse en membro activo da Society of Women Musicians, foi a principal promotora do primeiro Kensington Musical Competition Festival, e axudou a fundar a Kensington Choral Society. Tamén ensinou música en escolas femininas, onde a filla de Holst, Imogen, foi unha das súas alumnas, e converteuse nunha das figuras máis importantes na vida musical do Morley College.

A maioría da obra musical de Joseph nunca foi publicada e perdeuse. Das súas obras publicadas, dúas das súas primeiras pequenas pezas para orquestra, Morris Dance e Bergamask conseguiron eloxios considerables por parte da crítica, aínda que nunca chegaron a formar parte do repertorio orquestral habitual. Dúas obras corais, A Festival Venite e A Hymn for Whitsuntide foron admiradas durante a súa vida, mais raras veces foron interpretadas dende aquela. A súa panxoliña A Little Childe There is Ibore foi considerada por Holst como unha das mellores no seu xénero. Nas oito décadas posteriores á súa morte non se realizaron gravacións comerciais da música de Joseph, mais houbo interpretacións radiofónicas ocasionais.

Traxectoria

Familia e infancia Jane Joseph naceu o 31 de maio de 1894 no número 23 de Clanricarde Gardens, no distrito de Notting Hill, no borough de Kensington (Londres), no seo dunha próspera familia xudía. Seu pai, George Solomon Joseph (1844–1917), un avogado na empresa familiar, casara con Henrietta, de solteira Franklin (1861–1938) en 1880. Jane foi a cuarta filla da parella; o máis novo dos seus tres irmáns era sete anos maior ca ela. George Joseph tiña un profundo interese na música, que transmitiu aos seus fillos; dous deles, Frank (1881–1944) e Edwin (1887–1975), convertéronse en instrumentistas de corda competentes, mentres que Jane aprendeu piano (realizou o seu primeiro exame aos sete anos) e posteriormente, contrabaixo. Co tempo, os nenos musicais de Frank, con Jane e amigos, formaron a base da "orquestra dos Joseph" que interpretou concertos na casa de Frank durante moitos anos. (require subscrición)Gibbs 2000, p. 25

St Paul's Girls' School e Gustav Holst miniatura|esquerda|Holst contra o ano 1921. En 1909 Joseph gañou unha bolsa de estudos na St Paul's Girls' School (SPGS) en Hammersmith.Gibbs 2000, p. 26 A escola abrira en 1904, como unha rama da St Paul's School para nenos establecida tempo atrás. A súa directora, Frances Ralph Gray, foi unha figura formidable con visións tradicionais sobre a educación feminina, (require subscrición) que aínda así proporcionou un contorno de aprendizaxe dinámico e variado no que Joseph sobresaíu. Á parte do seu éxito académico, Joseph tocaba o contrabaixo na orquestra da escola, ofrecendo unha interpretación aclamada do concerto para clave en re menor de Bach, comezou a compoñer, e gañou un premio de lectura a primeira vista. Mentres estaba na escola compuxo The Carrion Crow, unha canción que, en 1914, converteuse na súa primeira obra publicada.Gibbs 2000, p. 28 Fóra da música apoiou a Literary Society da escola, onde presentou documentos sobre Charlotte Brontë e Samuel Taylor Coleridge. Jane Joseph tamén conseguiu honores nos exames da Royal Drawing Society.

Entre os profesores de música no SPGS, o máis importante no que se refire ao seu desenvolvemento musical, Joseph encontrouse co compositor emerxente Gustav Holst, daquela pouco coñecido, que lle ensinou composición. Logo de deixar o Royal College of Music en 1898 Holst gañárase a vida como organista, e como trombón en varias orquestras, mentres esperaba recoñecemento crítico como compositor. (require subscrición) En 1903 Holst renunciou os seus compromisos orquestrais para compoñer, mais decatouse de que precisaba de ingresos regulares. Converteuse en profesor de música, inicialmente no James Allen's Girls' School en Dulwich;Short, pp. 50–53 en 1905 foi recomendado a Frances Gray por Adine O'Neill, unha antiga alumna de Clara Schumann, que ensinou piano no SPGS.Short, p. 57 Primeiro foi contratado a tempo parcial para ensinar canto, e posteriormente ampliou as súas actividades para cubrir o máis amplo programa musical da escola, incluíndo dirección e composición.Short, p. 57 e p. 60 Segundo o compositor Alan Gibbs, Joseph pronto caeu baixo o feitizo de Holst, e adoptou os seus principios como propios. Holst posteriormente describiuna como a mellor alumna que tivera nunca:

Estudante, copista e profesora, 1913–18

Girton miniatura|O Girton College, Cambridge, a principios do século XX. No outono de 1913, aos 19 anos, Joseph comezou a estudar estudos clásicos no Girton College de Cambridge.Gibbs 2000, p. 27 Daquela, debido ós regulamentos da Universidade de Cambridge que non foron derogados por completo ata 1948, as mulleres non podían obter títulos académicos, aínda que si podían realizar os exames para diploma, no caso de Joseph, os de Classical Tripos. Pronto encontrou na vida universitaria distraccións dos seus estudos: debates, teatro e, sobre todo, música. No seu primeiro curso converteuse en contrabaixista da orquestra da Cambridge University Musical Society, baixo a dirección de Cyril Rootham. Tamén cantou de alto no coro da sociedade, e pode que participase na interpretación de La damnation de Faust de Berlioz que foi eloxiada no Cambridge Review do 17 de xuño de 1914. Durante as súas vacacións continuou os seus estudos de composición con Holst; en 1916 foi publicada a súa Wassail Song, unha peza complementaria a The Carrion Crow. En Girton escribiu música incidental para unha interpretación da obra en verso de W. B. Yeats The Countess Cathleen, na que ela interpretou o First Dragon.

A partir de 1915 a asociación de Joseph con Holst volveuse máis próxima. Superado polas súas tarefas de ensino e outros compromisos, Holst requiriu axuda para a organización da súa música para ser publicada ou interpretada, para o que empregou un grupo de mozas voluntarias —as súas "scribes" (copistas)— para facer copias en limpo das súas partituras, escribir as partes instrumentais ou vocais, ou preparar arranxos para piano. En 1915 o compositor estaba a traballar na súa composición máis longa e coñecida, a suite orquestral The Planets, e invitou a Joseph, nas súas vacacións, a unirse ás súas copistas. Entre elas estaba Vally Lasker, unha profesora de piano do SPGS, e Nora Day, que fora alumna xunto a Joseph na escola e dende 1913 estivera a ensinar alí.Short, p. 82Gibbs 2000, pp. 149–50 A principal tarefa de Joseph para The Planets foi copiar o movemento Neptune, do cal case todo o manuscrito orixinal está escrito pola súa man. Durante o resto da súa carreira seguiu a ser unha das copistas máis regulares de Holst, e chegou a confiar nela máis que en ningunha outra. Os seus compromisos coas actividades musicais de Girton, combinados co seu traballo con Holst, tiveron un efecto adverso nos seus estudos. No exame de Classical Tripos de 1916 recibiu só un Class III pass, un resultado desalentador na súa despedida da universidade.Gibbs 2000, pp. 29–30

Inicios da súa carreira Cando Joseph deixou Girton, a primeira guerra mundial estaba nun estado crítico; a batalla de Somme comezara o 1 de xullo de 1916. Joseph quería axudar ao esforzo da guerra, e logo de considerar traballar no campo ou nunha fábrica de munición, tomou un traballo de asistente social a tempo parcial en Islington. No outono de 1916 comezou a dar clases en Eothen, unha pequena escola privada para nenas en Caterham, fundada e dirixida polas señoritas Catharine e Winifred Pye. En 1917 a filla de 10 anos de Holst, Imogen, comezou na escola; e pronto, baixo a guía de Joseph, a nova alumna estaba a compoñer a súa propia música.Grogan (ed.), pp. 9–11 Joseph ampliou as súas propias actividades musicais uníndose á orquestra do Morley College, onde Holst era o director musical e estaba o seu irmán Edwin tocando o violonchelo antes da guerra.Gibbs 2000, pp. 31–32 Ao principio tocaba o contrabaixo, mais posteriormente tomou clases de trompa, posiblemente con Adolph Borsdorf; (require subscrición) máis tarde aínda, nun prazo moi curto, aprendeu por si mesma a parte de timbais para un concerto de verán. En 1918 foi membro do comité de Morley que o 9 de marzo organizou e produciu unha ópera burlesca, English Opera as She is Wrote, na que os estilos de ópera inglesa, italiana, alemá, francesa e rusa eran parodiados en sucesivas escenas. A representación foi un grande éxito e repetiuse en varios lugares. Puido ter inspirado a Holst para empregar a parodia na súa propia ópera, The Perfect Fool, que comezou a compoñer en 1918.Gibbs 2000, pp. 34–35 No seu tempo libre, Joseph fundou e dirixiu un coro de neneiras de Kensington, que participou en concursos de canto locais como as "Linden Singers". miniatura|esquerda|Thaxted, Essex, escenario dos festivais de música de Whitsun entre 1916 e 1918. Joseph aumentou os seus compromisos docentes suplindo frecuentemente a Holst, tanto en James Allen's como en SPGS. Tamén continuou no seu papel de copista, e foi invitada a asistir á estrea privada de The Planets, o 29 de setembro de 1918 no Queen's Hall, onde Adrian Boult dirixiu a orquestra do Queen's Hall. Máis tarde escribiu:Gibbs 2000, pp. 36–37

Aproveitou a súa educación clásica en Girton cando axudou a traducir a obra apócrifa Os Actos de Xoán do grego orixinal, para proporcionar o texto para o Hymn of Jesus (1917) de Holst.Dickinson, pp. 25–26 Para a mesma obra preparou unha partitura vocal e un arranxo para piano, cordas e órgano. Ela e Holst realizaron unha versión para voces femininas (dúas sopranos e unha alto) da Misa para tres voces de William Byrd,Gibbs 2000, p. 76 e Joseph traballou soa nun acompañamento orquestral para a obra de Samuel Wesley Sing Aloud with Gladness. Esta última obra foi preparada para o festival de música de Whitsun de 1917, un da serie de festivais anuais que organizou Holst, primeiro na súa vila natal de Thaxted, en anos posteriores en diferentes lugares como Dulwich, Chichester e Canterbury. Joseph converteuse nunha figura chave neses festivais, como organizadora, intérprete e compositora. En 1918 en Thaxted tocáronse dúas composicións súas: Hymn para voces femininas (hoxe perdida), e unha peza orquestral, Barbara Noel's Morris, que Joseph escribiu con motivo da súa amizade coa filla de Conrad Noel, o vicario de Thaxted.Gibbs 2000, pp. 32–33 e p. 35

Os anos 1917 e 1918 tamén levaron tristeza persoal. O 22 de outubro de 1917 o pai de Joseph morría vítima dun ataque ao corazón. O 27 de maio do ano seguinte, xusto despois do festival de Whitsun, o seu irmán William morreu en combate na fronte occidental; en setembro, Edwin foi gravemente ferido na ofensiva final dos aliados na guerra. No seu monográfico sobre a vida e a música de Joseph, o compositor Alan Gibbs escribe:Gibbs 2000, p. 34

Gibbs cita a Duff Cooper, que escribiu na época:Gibbs 2000, p. 34, citando a Cooper, p. 39

Profesora, facilitadora e compositora, 1918–28

Anos da posguerra