WestJet Airlines Ltd. é unha aeroliña canadense que se fundou como unha alternativa de baixo custo ás principais compañías do país. WestJet proporciona servizos regulares e chárter a 100 destinos no Canadá, Estados Unidos, Europa, México, Centroamérica e o Caribe. Fundada en 1996, no presente é a segunda aeroliña máis grande do Canadá, tras Air Canada, operando unha media de 424 voos e transportando uns 45 000 pasaxeiros cada día. En 2013 WestJet levou a 18,5 millóns de pasaxeiros, sendo a quinta aeroliña de Norteamérica por pasaxeiros transportados. WestJet é unha compañía pública con máis de 10 000 empregados, non está sindicalizada e non forma parte de ningunha alianza de aeroliñas. Opera tres variantes da familia Boeing 737 Next Generation, ademais do Boeing 767 nalgunhas rutas de longo alcance. A súa subsidiaria WestJet Encore tamén opera o Bombardier Q400. A sede da compañía está ao lado do Aeroporto Internacional de Calgary.
En 2015 WestJet tivo uns ingresos por pasaxeiros de 4,029 mil millóns de dólares canadenses e as súas ganancias por acción incrementáronse un 19% ata os 2,92 dólares canadenses. En 2016 a aeroliña foi cualificada como a sétima mellor aeroliña de baixo custo do mundo e a segunda de Norteamérica por Skytrax.
Frota En decembro de 2016 a frota de WestJet estaba formada polos seguintes avións:
<span style="color:white;">Avión<span style="color:white;">In En servizo<span style="color:white;">Pedidos<span style="color:white;">Pasaxeiros<span style="color:white;">Notas<span style="color:white;">W<span style="color:white;">Y<span style="color:white;">TotalBoeing 737-60013—12101113Serán substituídos por 737 MAX 7 e 8Boeing 737-70056—12118130En revisión para substituciónBoeing 737-80046212156168Boeing 737 MAX 7—25TBAEntregas dende 2019Boeing 737 MAX 8—40TBAEntregas dende 2017Boeing 767-300ER4—24238262Total11967
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña
Categoría:Aeroliñas do Canadá Categoría:Aeroliñas de baixo custo