Horace Gould nado como Horace Harry Twigg en Bristol (Inglaterra) o 20 de setembro de 1918 e finado en Southmead o 4 de novembro de 1968 foi un piloto de carreiras británico.
Traxectoria Gould comezou a competir cos coches deportivos en 1952 ao volante dun Cooper-MG. pasou á Fórmula Un en , competindo como piloto privado e usando como nome do equipo Gould's Garage (Bristol).
Participou en 17 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, no que debutou o 17 de xullo de 1954, ademais de numerosas carreiras fóra de Campionato. Logrou un total de 2 puntos de campionato, pilotando o seu Maserati 250F logrou o quinto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1956, o suficiente para lograr o 19º posto no Campionato do Mundo da tempada. Gañou carreiras menores fora do campionato de Fórmula Un en Castle Combe en 1954 e Aintree en 1956, e tamén logrou dous puntos no Campionato do Mundo Sportscar de 1957, Acabou no 5º lugar na edición dos 1000 km de Nürburgring de 1957 compartindo un Maserati 300S cos seus compañeiros de equipo Stirling Moss, Juan Manuel Fangio e Paco Godia.
Aínda que a maior parte da carreira de Gould desenvolveuse en Inglaterra, tamén pasou tempadas vivindo e competindo en Nova Zelandia e Módena, Italia, sede da fábrica de Maserati.
A similitude da constitución de Gould e o estilo de condución ás de José Froilán González levoulle a ser alcumado "the González of the West Country".
Gould morreu de súpeto, en Southmead, Inglaterra, dun ataque ao corazón, á idade de cincuenta anos. Os seus fillos Martín, Stephen e Richard aínda viven en Bristol. Martin participou en carreiras de motor e competiu na Fórmula 3, e dous dos seus netos Daniel Gould e James Gould tamén participaron en carreiras desde unha idade temperá.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Goulds' Garage (Bristol) Cooper T23 Bristol 6 en liña ARX 500 BEL FRA GBR15 ALE SUI ITA ESP NC 0 Goulds' Garage (Bristol) Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 BEL NEDRet GBRRet NC 0 Officine Alfieri Maserati ITARet Goulds' Garage (Bristol) Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON8 500 BELRet FRANCG GBR5 ALERet ITA 19º 2 H H Gould Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MONRet 500 FRARet GBRNTS ALERet PESRet ITA10 NC 0 H H Gould Maserati 250F Maserati Straight-6 ARX9 MONNSC NEDNTS 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MAR NC 0 H H Gould Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITANTS USA NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati