José Vilas García, nado cara a 1817 e finado en Pontevedra o 18 de setembro de 1887, foi un editor e político galego.
Traxectoria Liberal pontevedrés. Dono dunha imprenta co seu irmán Primitivo Vilas, da que saíu a primeira edición de A gaita gallega de Pintos. Foi concelleiro de Pontevedra en 1854 e alcalde da cidade en 1870. Finou na súa quinta de Santa Margarita de Pontevedra o 18 de setembro de 1887 con 70 anos.Crónica de Pontevedra, 19-9-1887, p. 3.
Vida persoal Casou con Juana Portela Dios e porfillou a Manuel Portela Valladares logo da morte do seu pai.
Notas
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1887 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes