O alce irlandés (Megaloceros giganteus)Lister, A.M. (1987). Megaceros or Megaloceros? The nomenclature of the giant deer. Quaternary Newsletter 52: 14-16. ou cervo xigante irlandés, é unha especie extinta do xénero Megaloceros e un dos meirandes cervos que xamais existiron. A súa distribución abranguía toda Eurasia durante o Plistoceno, dende Irlanda até Siberia e a China. Unha forma relacionada da especie foi atopada na China, onde viviu no Plistoceno tardío. Os restos máis recentes desta especie foron datados hai 7 700 anos en Siberia.Stuart, A.J.; Kosintsev, P.A.; Higham, T.F.G. & Lister, A.M. (2004). Pleistocene to Holocene extinction dynamics in giant deer and woolly mammoth. Nature 431(7009): 684-689. PMID 15470427 PDF fulltext Supplementary information. Erratum in Nature 434(7031): 413, Malia que moitos dos esqueletos foron atopados en pantanos de Irlanda, o animal non era exclusivo de Irlanda e non estaba relacionado cos actuais alces ou uapitís. Por esta razón, o nome "cervo xigante" é empregado nalgunhas publicacións no canto de "alce irlandés".Vislobokova, I. A. (2010), “Giant Deer: Origin, Evolution, Role in the Biosphere,” Paleontological Journal. vol. 46 no. 7 pg. 643-775Bro-Jorgensen, J. (2014), “Will their armaments be their downfall? Large horn size increases extinction risk in bovids,” Animal Conservation. vol. 17 no. 1 pg. 80-87Lemaitre, J. F. (2014), “The allometry between secondary sexual traits and body size is nonlinear among cervids,” Biology Letter. vol. 10 no. 3Vislobokova, I. A. (2011), “Historical Development and Geographical Distribution of Giant Deer (Cervidae, Megacerini),” Paleontological Journal. vol. 45 no. 6 pg. 674-688 Un estudo suxeriu que o cervo xigante podería estar relacionado co cervo común (Cervus elaphus). Porén, outras análises filoxenéticas sosteñen a idea dunha relación máis achegada co gamo (Dama dama).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Juliana, Adelman. "An Insight into Commercial Natural History: Richard Glennon, William Hinchy and the Nineteenth-century Trade in Giant Irish Deer Remains." Archives of Natural History 39.1 (2012): 16-26. Print. Larson, Edward J. (2004). Evolution: The Remarkable History of a Scientific Theory
Categoría:Cérvidos Categoría:Fósiles descritos en 1799