miniatura|dereita|Vídeo dun leopardo das neves en Ladakh O leopardo das neves (Panthera uncia), tamén coñecido como onza, é un gran félido nativo das áreas montañosas de Asia Central e Meridional. Está considerada unha especie ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN xa que, no ano 2003, o tamaño da súa poboación en liberdade estimouse entre 4 080 e 6 590 adultos. Menos de 2 500 individuos reprodutores poderían estar en liberdade. No 2016, estimouse que a súa poboación podería roldar entre os 4 080 e os 8 700 individuos.

Os leopardos das neves habitan nas zonas alpinas e subalpinas entre os 3 000 e os 4 500m. Nos países máis setentrionais nos que habita, tamén está presente a menores alturas

Taxonomicamente, o leopardo das neves foi clasificado como Uncia uncia dende comezos da década de 1930. Baseado en estudos xenéticas, a especie está considerado como membro do xénero Panthera dende o 2008. Existen dúas subespecies, pero as diferenzas xenéticas aínda non foron estabelecidas.

No ano 2024, a ONU acordou dedicar o 23 de outubro a celebrar o Día Internacional do Leopardo das Neves, co obxectivo de fortalecer a cooperación internacional na conservación da especie e do seu hábitat. "Só quedan 4.000 exemplares en liberdade", en La Voz de Galicia 22.10.2025.

Notas

Categoría:Panterinos Categoría:Animais descritos en 1775 Categoría:Símbolos de Paquistán Categoría:Mamíferos do Tíbet Categoría:Mamíferos de Bután Categoría:Mamíferos da India Categoría:Mamíferos da China Categoría:Mamíferos de Mongolia Categoría:Mamíferos do Nepal Categoría:Mamíferos de Paquistán