Os tibetanos (en ) son un grupo étnico nativo do Tíbet. O seu número é dun 7,8 millóns de persoas. A maior poboación vive Rexión Autónoma do Tíbet, e noutras provincias da República Popular da China, como Qinghai, Sichuan, Yunnan e Gansu. Fóra da China, existen importantes minorías na India, no Nepal e en Bután.

Os tibetanos falan varias linguas tibéticas, das cales, moitas variedades son mutuamente inintelixibles. Pertencen á familia de linguas tibetobirmanas. A explicación tradicional e mitolóxica da orixe do pobo tibetano é que son descendentes do humano Pha Trelgen Changchup Sempa e da ogresa das rochas Ma Drag Sinmo. Crese que moitos dos falantes tibetobirmanos do suroeste da China, incluíndo os tibetanos, son descendetes directos dos antigos Qiang.Origins and Migrations in the Extended Eastern Himalayas. BRILL, 2012, páxina 309. A maioría dos tibetanos practica o budismo tibetano, malia que algúns practican á relixión bön e existe unha pequena minoría musulmá. O budismo tibetano influíu en moitos aspectos culturais do pobo, como a arte tibetana, o drama e a arquitectura.

Notas

Categoría:Tíbet Categoría:Grupos étnicos da China