Relay 1 foi un satélite artificial da NASA lanzado o 13 de decembro de 1962 mediante un foguete Thor Delta B desde o centro espacial de Cabo Cañaveral

Características Relay 1 foi un satélite de comunicacións que levaba a bordo tamén algúns instrumentos científicos para estudar os cintos de radiación arredor da Terra.

A nave estabilizábase mediante xiro, inicialmente cunha velocidade de 167,3 rpm. Pouco despois do lanzamento xurdiron problemas coa resposta do satélite a algúns comandos e cunha fuga nun regulador de alta potencia, causando que durante dúas semanas o satélite non puidera funcionar normalmente, despois das cales traballou tal como estaba previsto. A bordo levaba un transmisor para seguimento e outro para telemetría, que operaba a 1152 bps. Finalmente, máis tarde, a fuga causou que o sistema eléctrico do satélite pasara a un modo de baixa voltaxe a principios de 1965. Producíronse transmisións esporádicas ata febreiro de 1965.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Relay 2 Thor Delta B

Categoría:Satélites artificiais