miniatura|250px|Cemiterio de Goiriz, Vilalba. O culto ós devanceiros é unha práctica de respecto e veneración dos antepasados mortos. Nalgunhas culturas, está relacionado coa crenza de que os mortos teñen unha existencia continua, e algúns posúen a habilidade de influír no porvir dos vivos. Algunhas sociedades veneran os seus antepasados familiares directos, e algunhas comunidades relixiosas, en particular a Igrexa católica, veneran os santos como intercesores de Deus e as almas que parten ó purgatorio.

En moitas culturas de Europa, Asia, Oceanía e África, o obxectivo da veneración é asegurar a existencia dos devanceiros e a súa boa disposición cara ós vivos, e ás veces, pedir polo seu favor ou axuda. A función social e non relixiosa do culto ós devanceiros é cultivar os valores de parentesco, como a piedade filial, a lealdade familiar e a continuación da liñaxe familiar. O culto ós devanceiros é corrente en toda clase de sociedades, con diferentes graos de complexidade política, social e tecnolóxica, e é un destacado compoñente de moitas prácticas relixiosas.

Véxase tamén

Outros artigos

Enterro Funeral Billete funerario

Categoría:Antropoloxía Categoría:Morte Categoría:Confucianismo Categoría:Taoísmo Categoría:Xintoísmo