Os manchús ou manchurianos (manchú: manju; chinés tradicional e simplificado: 滿族; pinyin: Mǎnzú; Wade-Giles: Man3-tsu2) son unha minoría étnica da China e o pobo do cal deriva o nome de Manchuria. Tamén son chamados "manchús de borla vermella", en referencia á decoración dos sombreiros tradicionais manchús. A dinastía Jin (1616-1636) e a dinastía Qing (1636–1912) foron estabelecidas polos manchús, que son descendentes do pobo jurchen que anteriormente estabelecera a dinastía Jin (1115–1234) na China.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Crossley, Pamela Kyle. 1987. “Manzhou Yuanliu Kao and the Formalization of the Manchu Heritage”. The Journal of Asian Studies 46 (4). Association for Asian Studies: 761–90. doi:10.2307/2057101. Huang, Pei. 1990. “New Light on the Origins of the Manchus”. Harvard Journal of Asiatic Studies 50 (1). Harvard-Yenching Institute: 239–82. doi:10.2307/2719229.
Categoría:Grupos étnicos da China