A distribución editorial en Galicia de libros galegos ou en galego está controlada principalmente por dous grupos. O primeiro e maior chámase Distribucións Arnoia, e controla en exclusiva os títulos das seguintes editoriais (os números referidos son os principais ISBN de cada editorial, e poden verse máis no artigo referido a ISBN): Edicións do Cumio (8289); Ediciós do Castro (7492, 8485); Edicións Espiral Maior (88137, 89814, 95625); Rinoceronte Editora; Alvarellos Editora Ademais, posuía a Librería Cervantes (pechada en 2007) na rúa Policarpo Sanz e a Librería Gran Vía case na Praza de América, as dúas en Vigo.
Ata o 2007, distribuía tamén: Edicións Laiovento (87847, 89896); Editorial Toxosoutos (605, 89129, 96259); Ir Indo Edicións (7680);
Destas tres, as dúas primeiras pasaron a ser distribuídas polo outro grupo, que é o Consorcio Editorial, que agrupa tamén de sempre a: Sotelo Blanco Edicións (7824); Baía Edicións (89803, 96128); Edicións A Nosa Terra (Promocións Culturais Galegas) (89976, 95350, 96203, 96403);
Pola súa banda, Ir Indo Edicións pasou a ser distribuída por Torre Libros.
Outras editoras teñen unha distribución propia. É o caso da Editorial Galaxia (7154, 8288) ou outras editoriais de menor tamaño: Franka Editorial; Editorial Ronsel (88413); Edicións Positivas (87783); 3C3 (932667); Editorial Trifolium (932716), de Oleiros; Tristram (89377); Nigra (controlada pola asturiana Trea baixo a forma de Nigra Trea); a ourensá Linteo; Kalandraka Editora (8464) e Oqo Editora etc. Pola contra, Edicións Xerais de Galicia (7507, 8302, 9782) está distribuída pola súa casa matriz, o Grupo Anaya, que tamén controla Editorial Obradoiro (8124), Rodeira-Edebé (8116), Everest (241 e 403), Luis Vives (263), SM (348) e Santillana en Galicia.
Caso á parte é a edición institucional: a Xunta de Galicia (453, 89231) é o principal editor de libros do país, tanto directamente das súas consellerías (Cultura ou Turismo pero tamén Medio Rural ou Industria) coma dos centros relacionados (Consello da Cultura Galega [87172], Museo do Pobo Galego, (CIRP) pero a súa distribución non é tan voluminosa. Tamén hai que contar coa importante edición das deputacións provinciais e dos concellos, así coma as Universidade da Coruña (9749), Universidade de Santiago (7191, 8121, 9750) e Universidade de Vigo (8158), da Real Academia Galega (87987) e da Fundación Pedro Barrié de la Maza (87819, 89748).
Véxase tamén Outros artigos ISBN Actividade editorial en Vigo
Categoría:Edición en Galicia