Santa Baia da Aguada é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 324 habitantes (163 homes e 161 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes. En 2016 Tiña 263 habitantes, 124 mulleres e 139 homes, segundo o INE. En 2020 242, 111 mulleres e 131 homes.
Toponimia O topónimo procede do latín e pode significar auga levada, traída ou abundante
Patrimonio A igrexa data de principios do século XIII e é de estilo románico, a excepción da fachada e a sancristía. A porta sur presenta un arco apuntado. A casa reitoral -priorado- é do século XVII-XVIII con muros perpiaños de granito. Sobre a portada destaca o escudo de Oseira, mosteiro do que foi priorado.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Aguada
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía