San Gregorio de Furco é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (78 mulleres e 72 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 104 habitantes, sendo 52 homes e 52 mulleres. En 2016 tiña 99 habitantes con 51 mulleres e 48 homes, segundo o INE e en 2020 88, 45 mulleres e 43 homes.
Toponimia O topónimo pode aludir a unha bifuración de camiños, a un buraco na terra ou a algo en forma de Y.
Patrimonio
A igrexa, situada no lugar de Furco, data do século XVIII. A casa reitoral–priorado de San Gregorio de Furco é do século XVIII con muros de granito. Destaca o escudo de Oseira no lintel da porta principa porque foi priorado de Oseira.
Furco na cultura popular
Notas
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Furco
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Gregorio Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía