Os kazakos ou kazakh (en , قازاق, қазақтар) son un pobo turco que habita na parte sur de Europa Oriental, nos Montes Urais e nas partes norte de Asia Central (principalmente Kazakhstán, pero tamén en partes de Uzbekistán, República Popular da China, Rusia e Mongolia). A identidade kazaka é de orixe medieval e está fortemente construída a partir da fundación do Khanato Kazako entre 1456 e 1465, cando varias tribos baixo o goberno dos sultáns Zhanibek e Kerey marcharon do khanato de Abu'l-Khayr Khan.
Os kazakos son descendentes dos turcos e de tribos mongois medievais – argyn, dughlat, naiman, jalair, xázaros, qarluq; os Kipchak e os cumanos, e outras tribos como os hunos, e antigos pobos iranianos como os sármatas, saka e escitas que poboaban o territorio entre Siberia e o Mar Negro e que quedaron en Asia Central cando os grupos nómades empezaron a invadir e conquistar a área entre os séculos V e XIII..
Os kazakos foron un dos pobos que máis seriamente se viron afectados pola Fame soviética de 1932-1933, morrendo un 37% da poboación total.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ‘Intangible Cultural Heritage of Arts and Knowledge for Coexisting with Golden Eagles: Ethnographic Studies in “Horseback Eagle-Hunting” of Altai-Kazakh Falconers’, The International Congress of Humanities and Social Sciences Research, pp. 307–316. 2012. ‘Ethnographic Study of Altaic Kazakh Falconers’, Falco: The Newsletter of the Middle East Falcon Research Group 41, pp. 10–14. 2013. ‘Ethnoarchaeology of Ancient Falconry in East Asia’, The Asian Conference on Cultural Studies 2013 - Official Conference Proceedings, pp. 81–95. 2013. Soma, Takuya. 2014. 'Current Situation and Issues of Transhumant Animal Herding in Sagsai County, Bayan Ulgii Province, Western Mongolia', E-journal GEO 9(1): pp. 102–119.
Categoría:Pobos turcos Categoría:Grupos étnicos da China Categoría:Grupos étnicos de Rusia