José María Díaz Pan, coñecido como Jaime, nado en Pravio (Cambre) o 13 de agosto de 1916 e finado en Vilarmaior en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Díaz e Carmen Pan e irmán de Manuel Díaz Pan. Zapateiro en Pravio. Mobilizado polo exército franquista, desertou e incorporouse ao exército republicano. Ao caer a fronte de Asturias foi feito prisioneiro e recluído nun campo de concentración en León."Requisitorias", Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 28-11-1938, p. 4. Pasou despois ao cárcere do Castelo de Santo Antón. Cando saíu en liberdade foi contratista da estrada que vai ao pazo de Mariñán,Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 1-6-1943, p. 3. onde coñeceu a Francisco Rey Balbís, co que despois foi traballar en seguros Santa Lucía.

Trala detención de José María Urquiola Iglesias o 7 de xaneiro de 1945, botouse ao monte. Incorporouse á guerrilla no Grupo Volante A, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, con Francisco Rey Balbís, Manuel Ramiro Souto, José María Castelo Mosquera e Amador Domínguez Pan. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, Francisco Rey Balbís, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia, José Blanco Núñez, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias."Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2. Apareceu morto en Mide (Vilarmaior) en 1951, ao parecer axustizado polos seus propios camaradas. Vida persoal

Casou con Josefa Otero Varela, que finou en 1993, e foi pai de Raquel Díaz Otero.La Voz de Galicia, 15-11-1993, p. 66.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Cartas desde el monte Guerrillero Jose Maria Díaz Pan. la tumba olvidada del franquismo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes