R.E.M. foi unha banda de rock alternativo estadounidense creada en 1980 en Athens, Xeorxia. Estivo formada por Michael Stipe (voz), Peter Buck (guitarra), Mike Mills (baixo) e Bill Berry (batería); este último deixou o grupo en 1997. R.E.M. foi unha das bandas de rock alternativo máis populares, e unha das primeiras do xénero en chegar ao gran público durante a década dos 80.

O día 21 de setembro do 2011 a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial.

Traxectoria R.E.M. marcou o punto na historia do rock onde o post-punk converteuse en rock alternativo. Dende o primeiro sinxelo "Radio Free Europe", lanzado en 1981, xerou un movemento "de volta ao garaxe" no underground estadounidense. Mentres existía un número grande de bandas hardcore e punk nos Estados Unidos durante o inicio dos anos 80, R.E.M. trouxo de volta o pop rock de finais dos anos 60 dun xeito tan único que soaba ao mesmo tempo tradicional e moderno. A pesar de non haber grandes innovacións na súa música, R.E.M. ten unha identidade e unha actitude que transformou o underground estadounidense.

Ao longo dos anos 80 traballaron incansablemente, lanzando discos todos os anos e con xiras constantes en teatros e pequenos clubs. Pasaron anos ata que R.E.M. alcanzou a cima das listas, pero dende o principio, dende o lanzamento do EP Chronic Town en 1982, a banda ven conquistando a admiración e o respecto do seu público sempre en aumento. Chronic Town establecía unha mestura de folk e garage rock que se converteu na marca rexistrada da banda durante os seguintes cinco anos.

A finais dos anos 80 o público da banda medrara o suficiente para garantir grandes vendas, pero o grande éxito comercial do álbum Document de 1987, empurrado polo sinxelo "The One I Love" foi inesperado, especialmente porque R.E.M. pouco cambiara no seu son e na súa actitude diante dos medios. Despois de Document, a banda lentamente converteuse nunha das máis populares do mundo. Logo dunha exhaustiva xira internacional de presentación do álbum Green, de 1988, R.E.M. parou coas xiras e concentrouse no estudio, cando gravou os seus álbums máis exitosos: Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992).

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Murmur 1983 I.R.S. Records Reckoning 1984 I.R.S. Records Fables of the Reconstruction 1985 I.R.S. Records Lifes Rich Pageant 1986 I.R.S. Records Document 1987 I.R.S. Records Green 1989 Warner Bros. Records Out of Time 1991 Warner Bros. Records Automatic for the People 1992 Warner Bros. Records Monster 1994 Warner Bros. Records New Adventures in Hi-Fi 1996 Warner Bros. Records Up 1998 Warner Bros. Records Reveal 2001 Warner Bros. Records Around the Sun 2004 Warner Bros. Records Accelerate 2008 Warner Bros. Records Collapse into Now 2011 Warner Bros. Records

EPs Álbum Ano Selo Chronic Town 1982 I.R.S. Records Not Bad for No Tour 2001 Warner Bros. Records Vancouver Rehearsal Tapes 2003 Warner Bros. Records Live from London 2008 Warner Bros. Records Reckoning Songs from the Olympia 2009 Warner Bros. Records Deep Cuts: R.E.M. 2009 Warner Bros. Records

Recompilatorios Dead Letter Office - 1987 Eponymous - 1988 The Best of R.E.M. - 1991 In Time - The Best of R.E.M. 1988-2003 - 2003

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial (en inglés) Páxina de fans, con táboaturas (en inglés) Páxina con novas sobre o grupo (en inglés) www.rem-fan.com

Categoría:Grupos musicais formados en 1980 Categoría:Grupos musicais de Athens, Xeorxia‎ Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Artistas de I.R.S. Records Categoría:Artistas de Warner Bros. Records