Charles-Edouard Jeanneret-Gris, nado en La Chaux-de-Fonds (Suíza francófona) o 6 de outubro de 1887 e finado en Roquebrune-Cap-Martin (preto de Niza o 27 de agosto de 1965, máis coñecido polo pseudónimo de Le Corbusier,Turner, P. V. Journal of the Society of Architectural Historians Vol. 42, No. 4 (Dec., 1983), pp. 350-359 University of California Press Consultado o 27 de maio de 2012 foi un arquitecto francés de orixe suíza que se considera como o pai de arquitectura moderna e que xunto con Frank Lloyd Wright, Ludwig Mies van der Rohe e Alvar Aalto son considerados dos arquitectos máis importantes do século XX.
Traxectoria De La Chaux-de-Fonds a L'Esprit Nouveau (1888-1920) Fillo de Georges-Édouard Jeanneret, esmaltador de caixas de reloxo, e de Marie-Charlotte-Amélie Perret, profesora de piano. Estudou gravado e cicelado na Escola de Arte de La Chaux-de-Fonds, onde foi alumno do pintor Charles L'Eplattenier dende o ano 1901. Grazas a este artista empezou a sentir interese pola Arquitectura debido á asistencia a un curso superior de decoración no 1904. Tres anos despois comezou unha serie de viaxes por Europa visitando diversas cidades. Concretamente en Budapest e Viena no 1907, coñeceu a Josef Hoffmann.
Ao ano seguinte coñeceu a Frantz Jourdain e a Henri Sauvage no transcurso da súa etapa en París, e a Tony Garnier mentres residiu en Lión. Neste mesmo ano, na súa segunda estancia en París coñeceu a Eugène Grasset que o enviou a traballar ao estudio de arquitectura dos irmáns Perret durante quince meses. Ao rematar, no 1909, empezou dar clases de arquitectura na súa terra natal. No 1910, viaxou a Alemaña, onde coñeceu a Theodor Fischer e seis meses despois, a Escola de Arte de La Chaux-de-Fonds encargoulle que estudase o Movemento da arte decorativa en Alemaña. Entre 1910 e o 1911 coñeceu a Ludwig Mies van der Rohe e a Walter Gropius mentres traballaba no estudio de Peter Behrens.
En 1913 abriu un estudio de arquitectura de interiores na Escola de Arte de La Chaux-de-Fonds. Pouco despois, no 1918, Jeanneret coñeceu a Amédée Ozenfant que realizou a súa primeira exposición "purista" na galería Thomas de París. O 15 de outubro de 1920 saíu á venda o primeiro número dos 28 da revista L'Espirit nouveau (1920-1925) realizado coa axuda de Ozenfant e Paul Dermée. É neste momento cando Jeannneret empezou a chamarse Le Corbusier, unha alteración do nome do seu avó materno, Lecorbésier, e para renderlle tributo, adoptou durante o resto da súa vida a súa caracterización, uns anteollos circulares de cor escura.
Nace Le Corbusier (1920-1930) miniatura|250px|dereita|Modulor na fachada da Unidade de habitación de Berlín No 1923, Le Corbusier lanzou as bases do movemento moderno de características funcionalistas, no seu libro Vers une architecture (Cara a unha arquitectura). A pescuda que realizou desenvolvendo un novo xeito de xerar a forma arquitectónica baseada nas necesidades humanos revolucionou, xuntamente coa actuación da Bauhaus en Alemaña, a cultura arquitectónica do mundo enteiro. A súa obra, ó negar características histórico-nacionalistas, abriu camiño para o que máis tarde sería chamado International style ou Estilo internacional. Os representantes deste movemento que compartirían a ideoloxía de Le Corbusier serían, entre outros, Ludwig Mies van der Rohe, Walter Gropius, e Theo van Doesburg. Este movemento, que naceu coa intención de buscar unha arquitectura tipo que puidese solucionar os problemas sociais, adoecía dun grande erro que se reflectiría tempo despois: a omisión das particularidades climáticas. Anos máis tarde, os CIAM (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna) permitiron a divulgación destas ensinanzas.
No 1924 Le Corbusier abriu o Estudio 35S xunto co seu primo Pierre Jeanneret no número 35 da rue de Sèvres.Biografía en la Fondation Le Corbusier Consultado o 27 de maio de 2012 Inicialmente, os dous deseñaron case exclusivamente edificios residenciais. Un dos seus grandes proxectos destes anos, foi o seu deseño conceptual dunha cidade de tres millóns de habitantes, a Ville Contemporaine (Cidade Contemporánea).Willi Boesiger (baixo a dirección de), Le Corbusier Œuvre complète Será en xuño de 1928 cando se creen os CIAM (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna), por mor do escándalo do concurso do palacio da Sociedade das Nacións. Ao ano seguinte, celebrarase o segundo congreso dos CIAM en Frankfurt, sendo o último e undécimo o celebrado en Otterlo no 1958. Un dos conceptos que se explicarán nestes congresos, e dos máis importantes das ensinanzas de Le Corbusier, serán os Cinco puntos dunha nova arquitectura, reflectidos na casa Cook (Boulogne-sur-Seine, 1926) e que son os seguintes:
Pilotis: o edificio debe estar sobre pilotes. Cuberta-xardín: a cuberta debe ser plana e axardinada, o que permitirá a incorporación da natureza na vivenda e de amplas zonas soleadas que, xunto co espazo libre que queda na planta baixa, fai un 200% de vexetación. Planta libre: coa axuda dos novos materiais (aceiro, formigón e vidro) e as novas tecnoloxías, os muros de carga deixan lugar aos piares, de tal xeito que se pode distribuír a disposición da vivenda en función das necesidades funcionais, sen verse supeditada a cuestións estruturais. Fiestras alongadas: por mor de mellorar a iluminación e a continuidade visual co exterior. Fachada libre: a fachada libérase dos muros de carga para pasar a ter piares, de tal forma que permite pór xanelas na maior parte da fachada.
Le Corbusier urbanista (1930-1940) No ano 1930 Le Corbusier casa con Ivonne Gallis, que morreu no 1957. A partir deste momento, este arquitecto non deixou de viaxar, até que no 1936, na súa segunda viaxe a América do Sur, traballou con Lúcio Costa, Oscar Niemeyer e Alfonso Reidy. No 1943 creouse o ASCORAL (Asociación da Construción para unha Renovación Arquitectónica). No 1947 foi membro da comisión de estudo para a sede da ONU en Nova York. No 1951 nomeárono arquitecto consultor para o goberno do Panxab para a construción da capital, Chandigarh. Realizou 23 viaxes a esta capital dende este momento até abril de 1964. Este e outros proxectos reflectirían unha grande influencia a nivel urbanístico. A súa ideoloxía arquitectónica baseábase fortemente na importancia que o automóbil acabaría adquirindo nas novas sociedades. Trataba ao coche como unha máquina que debía introducirse a pequena escala (a casa) e a grande escala (a cidade). Le Corbusier propón deste xeito no Plan Chandigarh unha cidade a distintas escalas de fluxos e densidades.
A posguerra en Francia (1940-1950) miniatura|250px|dereita|Centro Le Corbusier, Zürich. No 1948, este arquitecto publicou un elaborado sistema de medidas do corpo humano ao que denominou Le Modulor. Non deixaba de ser unha nova interpretación do home en relación co seu contorno máis próximo, igual que no seu momento fixeran outros grandes mestres como Vitruvio, da Vinci ou Battista Alberti. Con esta nova escala elabóranse unha serie de medidas axiomáticas segundo as que o home utiliza máis optimamente o mobiliario que o rodea. A medida deste home prototípico non estaba relacionada coa do seu inventor, posto que a súa estatura era menor, senón coa do home francés corrente de 1,829 metros, inda que a máis coñecida e a do home cunha man estendida de 2,26 m. Colocou o seu embigo a metade desta altura (1,13 m). Esta é a denominada serie azul, existindo tamén unha serie vermella.
Retorno á orixe (1950-1960) A década de 1950 foi un período de proxectos moi importantes e dispares para Le Corbusier. Comeza cunha cabana de vacacións en Roquebrune-Cap-Martin, a capela de Nôtre-Dame-du-Haut en Ronchamp e o conxunto monumental do Capitolio de Chandigarh, tres proxectos que representan os tres alicerces da arquitectura de Le Corbusier: a casa, a cidade e o templo.
Nesta época amosa unha arquitectura que se separa da corrente purista de trazas rectilíneas e tecnolóxica. Este novo vieiro na obra de Le Corbusier busca unha maior liberdade. A cabana de vacacións en Roquebrune-Cap-Martin, construída entre 1951 e 1952, será o primeiro exemplo desta nova visión, un refuxio na Costa Azul francesa onde pasaba tanto tempo como podía, preto de onde enterrou á súa muller cando finou no ano 1957.
O Plan Director da nova cidade de Chandigarh de 1951 e a Unité d'Habitation de Marsella que se inaugura en 1952 centran un dos períodos con máis actividade edificatoria dun Le Corbusier que xa cumprira os sesenta anos. En ámbolos proxectos pódese ollar a chegada á síntese da actividade urbanística e edificatoria que Le Corbusier estaba a desenvolver ó longo da súa traxectoria profesional.
A Unité d'Habitation é un resumo dos diferentes intentos e estudos que realizara dende prototipos da Villa Dom-Inó ou da Maison Citrohan, entre eles o sistema estrutural e a célula como a vivenda a dobre altura. A Unité é tamén a culminación do ideal de grande edificio que atinxe tódolos servizos básicos para vivir nun só conxunto que ten unha estética de formigón modelado e tallado.
Durante 1951, trasládase con Pierre Jeanneret á rexión do Panxab, para comezar as obres do Capitolio de Chandigarh, o elemento máis monumental da que sería a nova capital. O conxunto do capitolio recupera a idea dunha grande esplanada monumental que descubriu nas visitas a monumentos precolombianos durante a súa estadía en América Latina.
O conxunto do Capitolio baseábase na mestura do Modulor e do formigón, mailo sistema de brise-soleils, que se estenden como unha enorme celosía que protexe os edificios da luz do sol de xeito natural. A escala variable do mesmo Modulor permite que as celosías se convertan en elementos de grandes dimensións con balconades. Este elemento definirá moi axiña o conxunto de proxectos que Le Corbusier realiza nesta época, suprimindo a fiestra da primeira liña e substituíndoa por un xogo de baleiros, sombras no canto das transparencias e reflexos que caracterizaron a obra de períodos anteriores. Paralelamente, a cuberta axardinada das obras racionalistas convértense nunha serie de xardíns onde a auga colle un papel protagonista. A auga serve de inspiración a Le Corbusier no modelaxe do formigón, material que utiliza como elemento plástico a imitación da textura da auga.
Morte miniatura|esquerda|Cabana onde viviu os seus últimos anos, Roquebrune-Cap-Martin. Le Corbusier morreu o 27 de agosto de 1965 mentres se bañaba en Roquebrune-Cap-Martin. Foi enterrado no cemiterio do lugar, Roquebrune-Cap-Martin, no sur de Francia. Dous anos máis tarde abriuse o centro Le Corbusier en Zürich e no 1968 creouse a Fondation Le Corbusier en París, recoñecida de utilidade pública. Despois da súa morte os seus detractores aumentaron o ton das críticas, alcumándoo de inimigo das cidades. É, sen dúbida algunha, un nome de referencia na historia da arquitectura contemporánea.
Contribucións teóricas á arquitectura miniatura|dereita|Imaxe do Barrio das Flores (A Coruña), construído baixo a influencia de Le Corbusier. Le Corbusier foi, ademais dun grande arquitecto e pintor, un teórico senlleiro da arquitectura. Escribiu varios libros, nos que exemplifica as súas ideas mediante proxectos propios (ó xeito clásico como fixo no seu momento, por exemplo, Andrea Palladio en I Quattro Libri dell'Architettura)En galego: Os catro libros da Arquitectura. Tivo moi claro que, alén de saber crear bos edificios era preciso saber explicalos e transmitilos ó resto dos profesionais e ós estudantes, e exerceu con gran mestría a tarefa de publicitar a súa propia obra.
Como visionario, Le Corbusier vía a posibilidade de cambiar o mundo a través da arquitectura. Se ben nunca se aliou cun grupo político en particular, a súa postura estaba máis preto dunha ideoloxía liberal (algúns describírono como un socialista, adxectivo que probablemente queda curto para caracterizar as súas actividades), e como tal, vía todo proceso de deseño con fins utópicos, o que lle permitiu contribuír ó significado da arquitectura en xeral.