José Manuel Arribas Hermida, nado en Lérez (Pontevedra) o 7 de marzo de 1902 e finado no Marco (Meis) o 7 de agosto de 1977, foi un político galego.
Traxectoria Labrego. Casou con Melania Martínez e trasladouse a vivir ao Marco (Meis). Tiña un negocio relacionado co leite e creou unha empresa vinculada á liña de autobús Pontevedra-Vilagarcía. Fundou en 1934 a sociedade agraria La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis da que foi elixido presidente. Foi detido en decembro de 1934 xunto co secretario da sociedade Rosendo Rodríguez Ares.El Pueblo Gallego, 25-12-1934, p. 13. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Meis o 15 de marzo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o Concello de Meis foi rodeado e tomado polas forzas sublevadas o 21 de xullo, José Manuel refuxiouse na reitoral de Besomaño. Foi detido e internado no cárcere de Cambados, pasando despois ao de Pontevedra onde foi xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937. Foi condenado á cadea perpetua por "auxilio á rebelión", conmutada a 17 anos de reclusión. Internado no campo de concentración da Illa de San Simón, foi trasladado despois ao forte de San Cristovo en Pamplona o 11 de outubro. Participou na fuga masiva o 22 de maio de 1938. Capturado, permaneceu na cadea até que logrou a prisión atenuada no seu domicilio do Marco o 13 de setembro de 1940. En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena por un ano de prisión menor. Finalizou a pena da sentenza o 8 de agosto de 1966.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Un lerezano en la alcaldía de Meis en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Meis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes