Ricardo Pérez Medín, nado en Miño o 7 de setembro de 1908 e finado en Panamá o 20 de xullo de 2009, foi un político galego.

Traxectoria Aos 15 anos comezou a traballar como albanel. En 1928 marchou facer o servizo militar e ao rematar estableceu o bar Miño no concello do mesmo nome. Fundador da UGT de Miño en 1931, foi militante de Izquierda Republicana e en 1936 pasou ao PSOE. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro, e en maio foi elixido alcalde de Miño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu en arresto domiciliario e tivo que pagar diversas multas gobernativas. Conseguiu fuxir na lancha pesqueira La Golondrina xunto coa súa muller Francisca López del Río e outros nove compañeiros. De Miño chegaron a Bordeos, atravesaron Francia e incorporáronse ao exército republicano en Valencia e Cataluña. Coa caída de Cataluña pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Beziers. O 6 de abril de 1940 saíu de Bordeos rumbo á República Dominicana, desde onde se trasladou a Panamá en 1941, establecéndose alí definitivamente. Traballou como chofer e albanel. En 1962 foi nomeado Delegado Diplomático da República no exilio. Volveu para visitar Miño en 1968, e a partir desa data todos os anos.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Panamá Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes