Pablo Rico Couceiro, nado en Monfero cara a 1872 e finado en Ares o 19 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Emigrou á Arxentina, de onde retornou en 1914.El Correo de Galicia, 20-4-1914, p. 1. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Monfero en 1924.El Correo Gallego, 26-10-1924, p. 2. Na II República foi militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Monfero. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado o 19 de agosto de 1936. O seu cadáver apareceu en Camouco (Ares).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Alcaldes de Monfero Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Monfero Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1936

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos