O Rugby Ourense Keltia é un club de rugby da cidade galega de Ourense, fundado o 6 de xuño de 2014. Xoga os seus encontros como local no Estadio Universitario, que comparte co outro equipo da cidade, o Ourense Rugby Club. As súas cores son o verde, amarelo e negro. Na tempada 2014/15, a do seu debut, participou na segunda división da liga galega, acadando un cuarto posto que lle valeu para disputar as eliminatorias polo ascenso, caendo nas semifinais fronte ó Club de Rugby Lalín por 34-12.
Na tempada 2015/16 rematou primeiro na segunda división gañando tódolos encontros. Nas eliminatorias polo ascenso bateu ó Santiago Rugby Club nas semifinais e ó Club de Rugby Fendetestas na final, acadando o ascenso á primeira división da liga galega.
Na tempada 2016/2017, tras o ascenso conseguido o ano anterior, acadou o segundo posto na fase regular da primeira división autonómica Galega. Nas eliminatorias polo título de liga venceu os Ingleses RC nas semifinais, sucumbindo na final ante ó CR Ferrol.
Na tempada 2017/2018, acadou o segundo posto na fase regular da primeira división autonómica Galega. Nas eliminatorias polo título de liga caeu na semifinal ante ó CR Ferrol.
O club deixou de competir de forma federada no verán de 2018.
Véxase tamén Ligazóns externas "Nace el Rugby Ourense Keltia", artigo no Faro de Vigo, 31 de xullo de 2014.
Páxina web oficial da Federación Galega de Rugby Outros artigos
Categoría:Deporte en Ourense Categoría:Equipos de rugby de Galicia