, é o 18ª filme baseado na serie de manga e anime Dragon Ball, e o 14ª da etapa Dragon Ball Z, foi estreado no Xapón o 30 de marzo de 2013. É o primeiro filme de Dragon Ball en 17 anos que se estrea nos cines, sendo o anterior O camiño cara ó máis forte estreado en 1996 co gallo do décimo aniversario. Ó contrario que outros filmes de Dragon Ball, esta foi unha produción longa duración e non como parte de Toei Anime Fair (antigamente Toei Manga Matsuri).
É o primeiro filme xaponés da historia estreado en IMAX Digital Theaters, e foi lanzado en Blu-ray e DVD o 13 de setembro de 2013. A batalla dos deuses foi o primeiro filme considerado como parte oficial do argumento de Dragon Ball, e está ambientado no tempo do capítulo 517 do manga orixinal. De feito, o creador do manga, Akira Toriyama, estivo moi involucrado no proxecto. O argumento trata sobre Beerus, o deus da destrución, que aprende sobre a derrota de Freezer a mans de Son Goku. Vendo en Son Goku un opoñente á súa altura, Beerus, xunto co seu compañeiro Whis, viaxa á Galaxia Norte para retar a Son Goku a unha batalla. A primeira historia arco de Dragon Ball Super, a nova serie da franquía Dragon Ball, volve contar os eventos de A batalla dos deuses. Algúns detalles foron alterados e algunhas escenas e diálogos foron engadidos para completar a trama arco de 14 episodios.
Foi estreado en galego o 12 de marzo de 2017 a través da tvG2.
Personaxes PersonaxeActor de dobraxe xaponésSon Goku Masako NozawaVexeta Ryō HorikawaSon Gohanda Masako NozawaPiccoro Toshio FurukawaKrilín Mayumi TanakaYamcha Tōru FuruyaTen Shin Han Hikaru MidorikawaToranks Takeshi KusaoSon Goten Masako NozawaPuar Naoko WatanabeOolong Naoki TatsutaMestre Mutenroi Masaharu SatōBulma Hiromi TsuruChichi Naoko WatanabeC-18 Miki ItōSeñor Satán Unshō IshizukaMajin Boo Kōzō ShioyaVidel Yuko MinaguchiDende Aya HiranoPilaf Shigeru ChibaShenron Kenji UtsumiKaiō do norte Jōji YanamiGotenks Masako NozawaTakeshi KusaoOx-King Ryūzaburō ŌtomoMai Eiko YamadaShu Tesshō GendaDoutor Briefs Jōji YanamiNai de Bulma Yoko Kawanami Beerus Kōichi Yamadera Whis Masakazu Morita Yogen-gyo (Seer) Shoko Nakagawa Muller policía Kaori Matsumoto Chef de sushi Shinichi Karube Narrador Jōji Yanami
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de Dragon Ball Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego