Manuel Eive Villar, nado en Regoela (Cabanas) en 1913 e finado na mesma parroquia o 2 de agosto de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Irmán de Evaristo e José Eive Villar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi xulgado na Coruña por deserción e declarado fuxido e en rebeldía. Integouse no grupo liderado por José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López que loitaba na bisbarra do Eume. Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Evaristo, Ramiro Carbón Fornos e José Vázquez Mauriz, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. Foi asasinado nunha emboscada da Garda civil en Regoela o 2 de agosto de 1946.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes