Os Xogos da XVIII Olimpíada foron realizados en Tokyo, no Xapón, entre o 10 e o 24 de outubro de 1964, sendo os primeiros Xogos Olímpicos realizados en Asia. A cidade xa conquistara o dereito de realizalos en 1940, pero a invasión da China polo Xapón os transferiu para Helsinqui, en Finlandia. Co estoupido da segunda guerra mundial en 1939, os Xogos de 1940 foron finalmente cancelados.

En 1958, Tokyo conquistou finalmente o dereito de cidade-sede para o ano de 1964, derrotando na votación do Comité Olímpico Internacional as cidades de Detroit, Bruxelas e Viena.

Abertos polo Emperador Hiroito en persoa, coa presenza de 5.151 atletas de 93 estados, o momento máis simbólico do evento foi a entrada no estadio, cargando a facho olímpico, do mozo Yoshinori Sakai, de 19 anos, nacido en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945, o mesmo día no que a bomba atómica foi detonada sobre a cidade. A súa escolla foi unha homenaxe ás vítimas do holocausto nuclear e unha chamada á paz mundial.

Modalidades disputadas miniatura|240px|Participantes Atletismo. Baloncesto. Boxeo. Piragüismo. Ciclismo. Esgrima. Fútbol. Ximnasia. Halterofilia. Hípica. Hoquei sobre herba. Judo. Loita. Natación. Péntatlon moderno. Wáter-polo. remo. Saltos de trampolín. Tiro. Vela. Voleibol.

Cadro de medallas

Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 20px Estados Unidos36262890 2 20px URSS30313596 3 20px Xapón165829 4 20px Equipo Unido de Alemaña10221850 5 1010727 6 20px Hungría107522 7 20px Polonia761023 8 Australia621018 9 20px Checoslovaquia56314 10 20px Reino Unido412218

Notas

Categoría:Deporte en 1964 Categoría:Xogos Olímpicos