Denomínase hemolinfahemolinfa s f ZOOL Fluído do celoma dalgúns invertebrados que ten como funcións principais o almacenamento e transporte de auga e de substancias nutritivas por todo o corpo, a destrución de células estrañas e servir de vehículo dos produtos de desfeito ata os tubos de Malpighi, onde son absorbidos. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.HEMOLINFA s.f. Fluído do celoma que se atopa nalgúns insectos e atrópodos (sic) [e que erroneamente se ten confundido co sangue e coa linfa dos organismos superiores]. No Gran dicoinario Xerais da lingua, Vol. 2, Vigo, Xerais, ISBN 978-84-9914-072-4. ao líquido circulatorio dos artrópodos, moluscos (agás nos cefalópodos) e outros invertebrados etc. análogo ao sangue dos vertebrados.

Trátase dun líquido corporal de transporte que baña directamente órganos e tecidos e enche os vasos e as cavidades hemocélicas (lagoas, seos) propias dos animais se sistema criculatorio aberto.hemolinfa, en Garrido, Carlos (1997).

Etimoloxía O termo hemolinfa está formnado polo elemento do latín científico hemo-, tirado do grego antigo ἁἱμο- haimo-, derivado de ἁἷμα haîma, 'sangue', e a voz latina lympha 'auga' (antigamente *limpa; ver límpido), forma pseudogrega, por asociation con nympha, do grego antigo νύμφη nýmphē 'ninfa', personaxes femininos da mitoloxía grega que vivísn nos mananciais e nos ríos, etre outros lugares.

Composición A súa composición varía moito dunha especie a outra. Pode ser de diferentes cores ou incluso incolora; os pigmentos adoitan proceder da alimentación ou dos procesos metabólicos, e non teñen ningunha función biolóxica, xa que o transporte de gases é independente do aparato circulatorio.

Contén células sanguíneas de diferentes tipos e funcións.

Funcións As principais funcións da hemolinfa son: Transporte de nutrientes cara aos tecidos e de materiais de refugallo aos órganos excretores. Coagulación para o peche de feridas. Mecánicas: transmite presión en determinadas partes do corpo. Por exemplo, no proceso de muda, ou na expansión das ás Inmunidade fronte á invasión microbiana. Transporte de oxíxeno. Esta función é só importante en insectos acuáticos e nalgunhas pupas, xa que na maioría dos casos o oxíxeno é conducido a través do sistema traqueal directamente, sen intervención do fluído circulatorio. Transporte de hormonas. Termorregulación nalguhas ordes como nos Odonata, Lepidoptera, Hymenoptera e Diptera. Por último cabe sinalar que os hemocitos (células sanguíneas) poden desempeñar funcións importantes no metabolismo.

Sistema circulatorio O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente pola hemolinfa. Salvo excepcions, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón, e está dotado de varias aberturas laterais chamadas ostíolos que permiten a entrada de hemolinfa nel. A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas.

O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e a propulsa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse polos tecidos cara á cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas.

Fálase de hemolinfa en organismos que no teñen celoma. En cambio, os organismos con celoma posúen sangue.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3. Chapman, R. F. (1998): The Insects: Structure and Function, 4th ed. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-57890-5. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1. Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.

Outros artigos Artrópodos Moluscos

Ligazóns externas Do insects have blood? Artigo sobre a hemolinfa no Boston Globe .

Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Fisioloxía animal Categoría:Termos zoolóxicos