O pazo de Arretén, coñecido como Casa Grande, é un pazo situado no lugar de Arretén, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón, de titularidade privada, no que viviu a escritora galega Rosalía de Castro.Roteiros Consello da Cultura Galega.

Descrición

Contruído no século XVI pola familia fidalga dos Bermúdez de Castro, na Casa Grande de Arretén naceu o 24 de novembro de 1804 Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía. A construción foi vendida pouco despois da morte de Xosé María, irmán de Teresa e último propietario da familia Castro.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas.Borobó, 14/9/2000, pp. 78-79.

Hoxe en día, o pazo, propiedade do grupo Vidalferrs, adicado á hostalería. As 6,5 hectáreas de terreo adícanse maioritariamente ao cultivo de viña albariña (Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla).Adega Pazo de Arretén e o pazo converteuse nun hotel.

"A rehabilitación levada a cabo foi obxecto de diferentes sancións, posto que non existía nin proxecto de execución, nin permiso municipal, nin tampouco o informe favorable de Patrimonio."Pazo de Arretén en obaixo ulla.gal O que non foi obstáculo para que se rematase e toda actividade empresarial se puxera en marcha.

Unha placa de pedra no actual pazo-hotel lembra a súa relación con Rosalía de Castro.

Na cultura popular O pazo aparece mencionado nas novelas A memoria da choiva (2013), de Pedro Feijoo, e A dama da noite (2014), de Xavier Seoane.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Ruta Rosaliana

Ligazóns externas Turismo.gal Xunta de Galicia. Páxina oficial do actual hotel Interesante pola calidade das fotos que axudan a facerse unha idea de como era o pazo.

Arreten Categoría:Padrón Categoría:Lugares rosalianos