Os son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede na cidade de Nishinomiya, Hyōgo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1936 é o Estadio Koshien, recinto con capacidade para 47 757 espectadores. A propietaria do equipo é a empresa Hanshin Electric Railway Co., subsidiaria da Hankyu Hanshin Holdings. Os Tigers son un dos equipo máis antigos do país, sendo fundados en 1936 co nome de Osaka Tigers.

Historia Os Hanshin Tigers, un dos equipos profesionais máis antigos do Xapón, foron fundados o 10 de decembro de 1935. O equipo foi realmente formado o ano seguinte, recibindo nos seus comezos o nome de Ōsaka Tigers. En 1940, no medio dunha época onde había certos senimentos anti-estranxeiros, os Tigers mudaron o seu nome a "Hanshin", para despois regresar en 1947 ao seu nome orixinal. Desde os seus comezos, os Tigers consolidáronse xunto aos Tokyo Kyojin (Yomiuri Giants) como un dos equipos máis fortes do béisbol nipón. Antes do comezo do sistema actual de dúas ligas en 1950, a franquía completou unha marca de 730-472 con catro títulos.

A partir da creacións das Ligas Central o do Pacífico, os Tigers acadaron durante varias temporadas a segunda posición da primeira, sendo superados tan só polos Giants, que durante os anos 1950 e 1960 dominaron o béisbol no país. Durante os seus primeiros anos na NPB destacaron por un xogo baseado nun forte ataque, con bateadores como Fumio Fujimura. En 1961 pasaron a chamarse adoptaron o seu actual nome, Hanshin Tigers, e tras mellorar o seu elenco con novos pitchers conseguiron gañar os seus primeiros títulos de Liga en 1962 e 1964. Porén, en ambas temporadas non conseguiron gañar as Series do Xapón.

A década de 1970 comezou mal para o equipo, mellorando cara finais da mesma coa chegada de xogadores como Koichi Tabuchi e Masayuki Kakefu. A isto sumouse a chegada do xogador estadounidense Randy Bass, que revolucionou o béisbol xaponés. De feito, Bass estivo a piques de superar en 1985 o récord de home runs establecido de Sadaharu Oh (55). Non puido conseguilo debido a que, nun partido ante os Giants adestrados polo propio Oh, os pitchers toquiotas lanzaron as pelotas fóra da zona de strike de Bass. En toda súa carreira cos Tigers, Bass conseguiu 219 home runs. A nivel colectivo, e liderados polo xogador estadounidense, os Tigers lograron unha marca de 74-49 en 1985 co que gañaron a Liga Central e conseguiron por fin a súa primeira Serie do Xapón ao gañar aos Seibu Lions en seis xogos. Con esta vitoria os Tigers, que xa tiñan unha forte base de afeccionados na Prefectura de Hyōgo, conseguiron atraer a máis seareiros.

A partir de 1987, co regreso de Bass aos Estados Unidos, os Tigers comezaron a empeorar o seu xogo, acadando varias marcas negativas. En toda a década de 1990, salvo en 1992, terminaron nas útlimas posicións da Liga Central coas peores estatísticas do campionato. Na década de 2000 a situación mellorou coa chegada do adestrador Senichi Hoshino. En 2003, no segundo ano como técnico de Hoshino, os Tigers conseguiron gañar de novo a súa Liga, aínda que sen éxito nas SEries do Xapón, onde perderon por 4−3 ante os Fukuoka Daiei Hawks. A mesma situación repetiuse no 2005 con Akinobu Okada como técnico, sendo esta vez derrotados na final por 4−0 polos Chiba Lotte Marines. Cómpre destacar que no ano 2004, a Major League Baseball inaugurou a súa temporada no Xapón, xogando os Tigers un partido amigábel ante os New York Yankees no Tokyo Dome, onde os xaponeses venceron por 11–7. Nas temporadas de 2005 a 2009, máis de tres millóns de espectadores acudiron a ver en directo os partidos dos Tigers, sendo o único equipo do país en conseguilo. No ano 2014 os Tigers conseguiron volver xogar unhas Series do Xapón tras gañar a Liga Central. De novo, non conseguiron facerse co título após perder ante os Fukuoka SoftBank Hawks por 4−1.

Nomes Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes: Osaka Tigers (1946–1960) Hanshin B.C. (1940–1944) Osaka Tigers (1935–1940) Hanshin Tigers (1961–presente)

Estadio

Os Hanshin Tigers xogan desde 1936 como locais no , normalmente simplemente chamado Estadio Koshien. O estadio, inaugurado o 1 de agosto de 1924, foi construído para albergar os torneos nacionais de béisbol entre institutos. No momento da finalización da obra, con 55.000 espectadores era o estadio máis grande de Asia. O nome Kōshien (甲子園) procede do ciclo sexagenario, un sistema numérico cíclico para nomear os días e os anos, de forma que o ano no que foi inaugurado, 1924, foi o primeiro ano kōshi (甲子) do ciclo. O deseño do estadio está fortemente baseado polos Polo Grounds, estadio dos New York Giants entre 1891 e 1957. Cando o estadio está sendo utlizado para os torneos de instituto, os Tigers xogan os seus partidos no Osaka Dome.

Xogadores Dorsais retirados thumb|Fumio Fujimura Dorsais retirados polos Hanshin TigersNºXogadorPosiciónPeríodo 10 Fumio Fujimura Pitcher 1936–1958 11 Minoru Murayama Pitcher 1959–1972 23 Yoshio Yoshida Shortstop 1953–1969

Xogadores MLB thumb|Jeff Williams. PaísXogadorPosiciónTemporadas no equipo Glenn Davis Primeira base 1994–1995 Cecil Fielder Primeira base 1989 Kei Igawa Pitcher 1998–2006 Leon McFadden Shortstop 1972 Matt Murton Outfielder 2010–2015 Seung-hwan Oh Pitcher 2014–2015 Chris Oxspring Pitcher 2006 Alonzo Powell Outfielder 1998 Jerrod Riggan Pitcher 2003–2004 Tsuyoshi Shinjo Outfielder 1991–2000 Tony Tarasco Outfielder 2000 Marc Valdes Pitcher 2002 Ryan Vogelsong Pitcher 2007–2008 Jeff Williams Pitcher 2003–2009 Craig Worthington Terceira base 1996 Marvell Wynne Outfielder 1991 Keiichi Yabu Pitcher 1994–2004

Seareiros right|thumb|Seareiros dos Tigers. O seguidores do Tigers son coñecidos como un dos seareiros máis fanáticos e adicados do béisbol xaponés. De feito, usualmente superan á afección local nos seus partidos fóra da casa. Unha famosa tradición do club (compartida con outros equipos da NPB) é a solta de globos por parte dos fans na sétima entrada mentres cantan a "", tamén coñecida como "". Esta canción, composta por con letra de , é popular en toda rexión de Kansai.

阪神タイガースの歌

六甲颪 (ろっこうおろし)に颯爽 (さっそう)と 蒼天 (そうてん)翔 (か)ける日輪 (にちりん)の 青春の覇気 美 (うるわ)しく 輝く我が名ぞ 阪神タイガース オウ オウ オウオウ 阪神タイガース フレフレフレフレ

闘志 (とうし)溌剌 (はつらつ) 起 (た)つや今 熱血 既 (すで)に敵を衝 (つ)く 獣王の意気高らかに 無敵の我等ぞ 阪神タイガース オウ オウ オウオウ 阪神タイガース フレフレフレフレ

鉄腕強打幾千 (いくち)度 (た)び 鍛えてここに 甲子園 勝利に燃ゆる栄冠は 輝く我等ぞ 阪神タイガース オウ オウ オウオウ 阪神タイガース フレフレフレフレHanshin Tigers no Uta

Rokkō oroshi ni sassō to Sōten kakeru nichirin no Seishun no haki uruwashiku Kagayaku wagana zo Hanshin Tigers Ō-ō-ō-ō Hanshin Tigers Fure-fure-fure-fure

Tōshi hatsuratsu tatsu ya ima Nekketsu sude ni teki o tsuku Jūō no iki takaraka ni Muteki no warera zo Hanshin Tigers Ō-ō-ō-ō Hanshin Tigers Fure-fure-fure-fure

Tetsuwan kyōda ikuchitabi Kitaete koko ni Kōshien Shōri ni moyuru eikan wa Kagayaku warera zo Hanshin Tigers Ō-ō-ō-ō Hanshin Tigers Fure-fure-fure-fureA canción dos Hanshin Tigers (Traducido a partir da versión oficial en inglés, a cal non é unha tradución directa)

Correndo a través do vento que sopra desde Rokko como o gran sol que se ergue no ceo azul O poderoso corazón xuvenil amosa a graza do vencedor "Hanshin Tigers", o nome que refulxe na gloria Oh! Oh! Oh! Oh! Hanshin Tigers

Poderosos bateos e xeitosos lanzamentos logrados mil veces Adestrados con toda a disciplina aquí no Koshien Coroados con gloriosas vitorias e fazañas Sempre orgullosos, invencíbeis "Hanshin Tigers" Oh! Oh! Oh! Oh! Hanshin Tigers Vai, vai, vai, vai!

Esta tradición lévase a cabo en todos os xogos dos Tigers, tanto locais como visitantes, excepto nos encontros ante os Yomiuri Giants no Tokyo Dome. Isto é debido ás estritas medidas de seguridade levadas a cabo polas autoridades por mor da rivalidade entre os dous equipos. Esta rivalidade entre os Giants e os Tigers está considerada como a máis importante do país, á par con rivalidades da Major League Baseball como a dos Los Angeles Dodgers e San Francisco Giants ou a dos Boston Red Sox e New York Yankees.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Hanshin Tigers Categoría:Equipos da NPB Categoría:Equipos de béisbol do Xapón