Agustín Álvarez Araujo, coñecido como Tito ou Caralladas, nado en Rorís (Teis, Vigo) en 1918 e finado en Vigo o 30 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Carpinteiro veciño do Paraixal (Teis) e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado e participou na guerra civil no exército franquista. Desertor do exército, estivo preso en Mozarrifar (Zaragoza). Foi novamente arrestado en 1945, pero logrou escapar. Uniuse ao grupo de Manuel Simón Campos, activo na área de Vigo e o sur da provincia de Pontevedra, en outubro de 1946. En novembro de 1946 incorporouse ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil, detrás da Praza de Abastos, en Teis o 30 de maio de 1947.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes