José Freire Barcia, Pepiño, nado en Vilar de Mouros (A Capela) o 22 de agosto de 1928 e finado en Neda o 30 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Co seu irmán Juan Freire Barcia uniuse á guerrilla en maio de 1949, logo de ser convencido por Francisco Rey Balbís para non facer o servizo militar. Foi membro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 18 de xullo de 1951 salvou a vida ao escapar do cerco de Meá con Julián de la Rosa Zamorano e Josefa Gallego Abeledo. Foi abatido pola Garda Civil no Puntal (Neda) o 30 de agosto de 1951 con outros tres compañeiros: Antonio Veiga Mejuto, José Antonio Castro López e José Sancho Riera.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Capela Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes